Durante o mes de marzo, a Rede Museística Provincial desenvolverá unha nova edición do programa  Musavisitas, visitas gratuítas e guiadas aos diferentes centros da rede  que, nesta ocasión, terán como fío conductor a representación e  recoñecemento das mulleres.

As actividades comezan o luns 02 de marzo e repetiranse todos os domingos do mes, cos  seguintes horarios: no Museo Provincial de Lugo, ás 11.30 e 12.30 horas;  no Pazo de Tor, ás 11.00, 12.30, 16.30 e 18.00 horas; no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, ás 12.00 e 17. 00 horas; e no Museo Provincial do  Mar de San Cibrao, ás 12.00 e 17.00 horas.

Os sábados, os centros da Rede ofrecerán, con concertación previa, obradoiros para familia baixo o título “Historia en feminino” nos que as persoas participantes traballarán sobre fotografías ou textos relacionados co papel das mulleres na historia familiar.

A Rede Museística reforza así, no mes das reivindicación feministas por excelencia, o traballo en favor da igualdade de xénero que realiza durante o ano, tanto na programación expositiva como nas propostas didácticas.

As Musavisitas e os obradoiros forman parte ademais da axenda de  actividades que a Rede organizará arredor do Día Internacional dos  Museos 2020, que este ano se artellarán baixo o epígrafe “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” e que se desenvolverán durantes os meses de marzo, abril e maio.

“Esquecín que te esquecín”

O vindeiro venres 6 de marzo inaugúrase na Sala de Exposicións do Pazo
de San Marcos a exposición “Esquecín que te esquecín”, comisariada polo
colectivo de mulleres artistas Blanco, Negro y Magenta. A mostra, que
incorpora pezas de 24 artistas, pretende sensibilizar sobre o alzhéimer
desde diferentes perspectivas, e atende especialmente ao desgaste físico
e emocional que sofren as persoas coidadoras, maioritariamente mulleres.

Inauguración da expo: “Esquecín que te esquecín”
Evento no Museo Provincial de Lugo