Visita guiada con Antón Lamazares á súa expo "Flor Novoneyra". Lugar: Museo Provincial de Lugo. Data e hora: xoves 18 de xullo ás 20:00. Entrada: gratuita

Xullo 2019 Un luxo: visitar unha exposición co propio autor, a comisaria e o coordinador da mesma. Un luxo ao noso alcance en Lugo: visitar a exposición «Flor Novoneyra» co propio pintor, Antón Lamazares,  a comisaria da mostra, María Díaz, e o coordinador, Uxío Novo da Fundación Uxío Novoneyra.

Un luxo ao teu alcance o próximo xoves 18 de xulllo a partir das 20:00 e de balde no Museo Provincial de Lugo

A EXPOSICIÓN

FLOR NOVONEYRA é un diálogo entre a pintura de Antón Lamazares e a verba de Uxío Novoneyra, a través das expresións polas que compartiron amor e traballo: Palabra e Imaxe … a palabra feita imaxe, a imaxe feita palabra.

Trátase dunha fusión entre pintura e poesía conductuada a través do Alfabeto Delfín creado por Lamazares. «Flor Novoneyra», segundo as verbas do propio artista, sería o seu “testamento pictórico”, dedicado ao poeta do Courel, e que supón un encontro de dous xigantes internacionais da cultura galega.

Último día para visitar a expo: domingo 21 ás 13:00