O vindeiro 24 de outubro celébrase en España como cada ano, o Día da Biblioteca.
Esta iniciativa pretende dar a coñecer o labor das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer o traballo das bibliotecarias e bibliotecarios.
Para conmemoralo a Biblioteca Pública de Lugo programa ao longo de toda a semana unha serie de actividades:
DÍA 19: Don Ricardo de Fingoi : visita á exposición do colectivo lucense EGERIA. Comeza a semana cultural que o colectivo Egeria e a Xunta de Galicia dedican en Lugo ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, todo elo baixo o paraugas do proxecto Don Ricardo de Fingoi, que vén desenvolvendo ao longo deste ano a asociación cultural co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. A Biblioteca acollerá tamén o xoves día 22 ás 20:00 horas, a presentación dun libro co mesmo título sobre a pegada que deixou en Lugo o profesor, recollendo testemuñas en primeira persoa de moitos dos seus alumnos e alumnas. Necesítase inscrición no seguinte formulario.
DÍA 21: Miradas ao Lugo de outros tempos : Ciclo de conferencias organizadas pola Biblioteca: “Los cafés en el Lugo de antaño” por Mª José López Caldeiro ás 19:30 h.
DÍA 23: CARAMUXO TEATRO co espectáculo ZAPATOS dirixido aos máis cativos da casa.