As concellerías de Educación e Cultura adiantan pagos ás librarías de Lugo por valor de 36.300€
O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas anunciou que, nestas semanas, a área de Cultura e a Concellería de Educación inxectaron 33.300€ ás librarías da cidade. Segundo Felipe Rivas, “agardamos que a celeridade da concellería de educación e da área de Cultura en tramitar os pagos axuden aos negocios locais nesta situación de crise”.
A concellería de Educación realizará o pago dos 33.000€ das axudas de material escolar. Segundo Felipe Rivas, “grazas á nova xestión de Educación, adiantouse considerablemente a xestión do pago, pasando de ser en novembro en anos anteriores a maio neste curso escolar”.
Ao respecto da área de Cultura, Felipe Rivas declarou que “as distintas librarías de Lugo recibirán 3.300€ debido á renovación dos fondos das bibliotecas municipais Isidro Novo e do Vello Cárcere”. “Trátase de libros en galego, co obxectivo de axudar tamén ás escritoras e escritores do País, e enmarcado tamén no mes das letras”, afirmou Felipe Rivas.