«Espero que entre todos, poidamos salvar a cultura dos libros» Yoli Pumariño, responsable da librería Soños de Papel
Soños de Papel está de aniversario: 2 anos viaxando entre libros.
A librería Soños de Papel cumpre 2 anos. Situada na esquina entre a rúa María Castaña e Augas Ferreas en Lugo, é a referencia para os amantes dos libros que viven na zona sur da cidade e coñecida en toda ela pola súa especial atención ás pequenas e pequenos lectores, non só polo seu fondo de literatura infantil, tamén porque son habituias os contacontos no seu local. Sempre cheos, están a crear unha canteira de apaixoados polos libros sen precedentes en Lugo.
Falamos con Yoli Pumariño (responsable da librería) para saber como levan esta prometedora andadura literaria, o aniversario e os tempos que estamos a vivir.
De ónde ven o nome da librería?
O noso nome xurdiu por ese soño que levaba tempo querendo cumprir. Foi o meu marido o que llo puxo, e desde o momento que mo dixo, quedei namorada do bonito e identificatico que era!!
E a libreira, de ónde ven e cómo acabou de libreira?
Esta libreira ven do bonito paisaxe de Mondoñedo! Alí hai unha biblioteca que foi a culpable do meu amor polos libros!! Pero sobre todo, aquela libreira, Alicita, á que queríamos moitísimo os nenos daquela época. Eu son mestra, pero o meu marido e máis eu, decidimos un día en cumprir o meu soño.. e aqui estamos!
A maior, mellor e máis agradable sorpresa neste tempo?
Neste tempo incerto que corre, o máis agradable e bonito, é que vamos ser papis primeirizos nuns días!! Que por certo, xa lle temos unha boa mini librería de contos na casa 🙂
Algunha anécdota para recordar…e contar?
Unha que me gustou moito, foi que cando abrín, unha amiga envioume un rapaz que fai maxia, que a min encántame! Eu non o sabía, e fíxome uns trucos de maxia con cartos… imaxina a miña cara, recién aberta, e xogando con «lume» :). E logo, cos clientes, sempre tes algunha, pero esas gardámolas para nós!
5 libros
Xa que estamos na semana das Letras Galegas (a entrevista é deses días, nós non a dimos publicado antes), ahí van 5 en galego:
UNHA FÁBRICA CHEA DE BICOS, Maria Canosa
AS CHAVES DOS SOÑOS, Ana Meilán
VAMPIRA DE BIBLIOTECA, Ledicia Costas
UN LUME AZUL, Pedro Feijoo
BELEZA VERMELLA, Arantza Portabales
Cómo estades a abrir estes días? Qué tal a resposta da xente?
Nós, pola nosa situación actual, e, polo de agora, estamos pechados. Atendemos baixo cita previa para recoller pedidos ou encargos. A xente vai concienciada das medidas de hixiene, e con ganas de volver a esa «nova normalidade». Case todos son os nosos clientes de sempre, ós cales lles agradecemos a súa paciencia e comprensión nestes momentos.
NOTA: a librería abrirá as súas portas a primeiros de XUÑO
Cómo ves o futuro – da librería e das librerías, do sector do libro…- ?
O sector do libro necesita de moitas axudas neste momento. O que queda de ano van baixar moitísimo as ventas… Non necesitamos endeudarnos máis, senón, medios para poder ofrecer un producto ó que poida acceder a maioría da poboación! En cambio, cada vez se encarece máis…e nós, os libreiros, levamos moi pouco dese porcentaxe. A cultura non pode achegarse só a uns poucos.Todos debemos poder acceder e nutrirnos dela!
Espero que entre todos, poidamos salvar a cultura dos libros.
Moito ánimo a todos e responsabilidade sempre!