«Feira do libro infantil e xuvenil» en O Vello Cárcere. Venres 31 de marzo, sábado 01 de abril e domingo 02 de abril.
Lugo converterase no epicentro da literatura galego-portuguesa dentro da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico

O Vello Cárcere converterase durante toda a fin de semana no epicentro da literatura galego-portuguesa coa celebración da I Feira do libro infantil e xuvenil, posta en marcha no marco da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico.

“Será un magnífico escenario e unha gran ocasión para coñecer e adquirir as últimas novidades literararias destinadas ao público máis novo, e onde a aventura, a imaxinación, a cultura e a creatividade estarán protagonizadas por estes lectores e lectoras”, apuntou a rexedora Lara Méndez.

Haberá contacontos sobre lendas galegas e portuguesas a cargo de Ana Carreira, Soledad Felloza e Caxoto. E os asistentes poderán participar nos obradorios de ilustración a cargo de Noemí López e María Lides.

Toda a información sobre esta cita, así como do resto de programacións da Capital da Cultura do Eixo Atlántico pode consultarse na web: www.lugocapitaldacultura.com

Para participar nos obradoiros será preciso inscribirse previamente no enderezo electrónico alcaldia@lugocapitaldacultura.com As prazas asignaranse por rigoroso orde de chegada das solicitudes ata completar o aforo.

Programación da feira

VENRES 31

17.30h.- Apertura da feira e postos de venda (ata as 20.30h).

18.00h.- Contacontos a cargo de Ana Carreira “Entre serpes e mouros”.

19.00h.- Presentación do libro ”BreiCar en el Camino de Santiago” de Mirella López Díaz e ilustracións de Carmen Anguez López.

19.15h.- Merenda saudable para crianzas.

SÁBADO 1

11.00h.- Apertura e postos de venda (de 11.00 a 13.30h e de 17.30 a 20.30h)

De 12.00 a 13.30h.- *Obradoiro infantil de ilustración a cargo de Noemí López, “Historias sen palabras” (15 prazas) INSCRICIÓNS ata completar prazas, en alcaldia@lugocapitaldacultura.com

18.00h.- Contacontos a cargo de Soledad Felloza “Lendas portuguesas da terra e do mar”

19.00h.- Presentación do libro ”O estraño ser” de Eva Iglesias Rodríguez & Eva Pia Fernández

19.15h.- Merenda saudable para crianzas

DOMINGO 2

11.00h.- Apertura da feira e postos de venda (de 11.00 a 13.30h e de 17.30 a 20.30h)

11.45h.- Presentación do libro ”Os Planetas de Samu” de Joana Cordeiro e ilustracións de Ana Cordeiro

De 12.00 a 13.30h.- *Obradoiro de ilustración de cómics para nenos/as, a cargo de María Lides, “Edificando culturas” (15 prazas)

18.00h.- Contacontos a cargo de Caxoto, “Contos de medo que deixan durmir” 19.15h Merenda saudable para crianzas