O lucense Lois Pérez Díaz é o flamante gañador do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, polo seu libro «A gruta da Torre», presentado baixo o lema «Un peso sempre gastou», segundo o ditame do Xurado unha vez rematada a reunión levada a cabo no local do IESCHA, na Casa da Cultura de Vilalba.
O Xurado estivo formado por Dª Iria Misa Peralba, D. Manuel Bragado Rodríguez e D. Xosé Lastra Muruais. O xurado salienta da obra gañadora o interese da trama que se desenvolve no verán de 1990 en Ribadeo en espazos recoñecibles así como polo seu carácter como historia de formación protagonizada por un grupo diverso de rapaces e rapazas que emprenden unha viaxe de descuberta seguindo o fío das viaxes nos libros e na memoria. Escrita con mestría, empregando diversos recursos e rexistros, a novela mantén un pulso narrativo que non decae.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte