Outubro 2019 A edición 41 da Semana de Cine de Lugo pasará a historia non só polas películas, tamén polo número e calidade de publicacións relacionadas co cinema e a fotografía presentadas.
Un libro adicado ao histórico membro de Fonmiñá, Juan Carballa, outro que recompila os programas dos 40 anos de historia da Semana, outro adicado a Rosario Dúrcal, a actriz homenaxeada na edición do 2018, «41 semanas, 41 carteis» recopilatorio dos 41 cartaces que anunciaron as Semanas ao longo do tempo, unha bio sobre Antonio Mourelos, o actor lucense que recibe a homenaxe da Semana nesta 41 edición e, para rematar, o libro «A Fotografía Lucense», a historia da fusión entre a Agrupación fotográfica Lucense e o Grupo fotocinematográfico Fonmiñá.
Destacamos dous por gusto desta redacción – non por outros motivos que están todos moi ben -: «41 semanas, 41 carteis» polo formato, acabado e o que supón ter nun libro de tamaño folio tódolos carteis anunciadores desde a primeira edición ata agora. Tamén o de «A fotografía lucense» de Eduardo Ochoa, unha verdadeira xoia, sobre todo para un medio como o noso onde a fotografía é un piar fundamental do mesmo. Unha historia da fotografía en Lugo con fotos de moitos artistas que serviu de homenaxe durante a Semana a Carlos Valcárcel Gay, César Quijada Ruíz e Juan José Carballal.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte