E aquí temos as súas respostas cheas de humor e sabiduría, como o show que fará este sábado 13 en Hipócrita Teatro no que poderemos atopar: «…tradición oral, humor, literatura, blues, rock, lendas rururbanas, a miña propia vida e o que apareza no momento, pra iso subimos ao palco. Para iso viñemos contar, deus é bo pero o demo non é malo. E logo non? Se faltei a alguien, dispensando, non foi adrede. Xaora.» Lois Pérez
VIDA
Imos aló Lois, en plan destroyer:
Elixe un emprego: atracador de bancos, técnico de son de cine porno ecoloxista de temática social.
Elixe unha carreira: Políticas e Dereito, quero dicir: ir estudiar Políticas a Santiago e tardar dez anos (sen sacala, a carreira), sendo dunha familia de cifra (segundo chalé en Cambados), facerme profesional da política sen carreira e acabar preso por corrupción. Rematar Dereito no trullo. Saír libre por suborno dos meus vellos ao xuíz. Renunciar á vida mundana e marchar ao Courel. Muerte entre las flores
Elixe unha familia: a familia Corleone
Elixe unha palabra que poña fin a un poema: Oh!
Elixe un televisor grande que te cagas: pra tiralo pola fiestra, viva o rock and roll!
Elixe ropa deportiva: as botas de Abdón Porte, que se suicidou de madrugada no círculo central do campo do Nacional uruguaio con 21 anos. Na man tiña un revólver e na outra unha carta. Alí escribira: “»Nacional aunque en polvo convertido / y en polvo siempre amante. / No olvidaré un instante / lo mucho que te he querido. / Adiós para siempre».
Elixe pagar a prazos un traxe de marca en amplia gama de putos texidos: eu os traxes págoos ao puto contado. Tamén me duran he, non pensar tampouco que… que os cartos hai que rexelos, non nacen debaixo das pedras.
Elixe a bricolaxe: construír un piano como ataúde, pero facéndoo de parede; se o fago de cola é probábel que o rocen ao metelo no furado. (Yamaha, Korg ou Pearl Rider, 3 boas opcións).
Elixe revolucionar ou ser revolucionado: recurro ao comodín de Norberto Pappo Napolitano: “no detenga su motor, e investigue su interior, el turbo da vueltas, todo va bien, para que renunciar a su ser…? No detenga su motor, e investigue-su-interior.” Pappo Napolitano, No detenga su motor
Elixe sentarte no sofá a ver concursos na tele: eu non vexo a televisión, pero ás veces séntome de madrugada e miro pra ela apagada. Reláxame a cristo ata que me apago eu.
Elixe o teu futuro: desertor nunha guerra, contrabandista de historias, encher teatros e prenderlles lume, ser o inmortal de Borges. Ver a sombra en cor (y los monos del Brasil que duermen sin soñar, la vacuna total, los zorros de Moscú devorando el jardín…)
Elixe facebook, twitter ou instagram: bloquear, eliminar,
#ChurrascadaConLaXentiñaTodaEnTirimol #MeSientoFashionFiestasDeArteijo2019
Elixe un boli: azul, negro, vermello ou verde. Da igual o que elixa, acabarei por perdelo.
Elixe un paso atrás ou un p’adiante: nunca atrás!
Xa postos Lois, algunhas preguntas curtas:
Si. E podería comer máis.
Durmes pouco?
Si. E podería durmir máis.
Asubias paseando?
Si. Asubío Dixie, de Bob Dylan, con frecuencia (facendo as liñas de baixo petando contra as paredes das casas). Tamén a canción de Túzaro Soldier de Bob Marley cando vexo tantas bandeiras nos balcóns das casas (parécenme bandeiras de Xamaica pero sen o verde).
Café, té, manzanilla, tila?
Café, herba ningunha (estivemos en Xamaica hai anos, cumprimos). É pouco amiga dos pulmós.
Unha copa? De?
Dúas copas son demasiado, tres son demasiado poucas. Oh, Jim!
Algo para picar: queixo Tartufo pecorinno (de trufa, por tanto) da Queixería Praza do Campo de meu irmán, con ovos fritidos por baixo e sal gorda.
Levas sempre contigo lápiz e libreta?
Non, tento levar a cabeza, pero non sempre é posíbel.
Pedra, papel ou tesoira?
Pedra, stone (estón aquí), por que I’m a rock (with my books and my music…) de Simon&Garfunkel.
Aperta, dous bicos, dar a mán ou sorriso mantendo a distancia?
Depende. A veces incluso manter a distancia sen sorrir.
Lees todalas noites?
Máis das que debería. Menos das que bota xente que admiro.
E polo día? Vale, pos molt be, pues adiós.
Na túa lista musical non pode faltar:
Baby, I’m in the mood for you de Odetta sings to Dylan; Spirit in the sky, de Norman Greenbaum, Etta James, Solomon Burke, The Clash, Faroeste Caboclo de Legiao Urbana… Esas cancións que faltan e que non incluíches nesa lista que fixeches de guai por facerte o campión e tal e que sempre botas a faltar, que realmente son as que máis che gustan (pois iso sería espirse de todo e non queda elegante a primeira vez).
OBRA
Está en plena presentación do seu último libro de poemas «Long Play» (Ed. Xerais). Un libro que engancha ás veces o corazón outras as tripas e do que só podemos decir: bule a compralo á túa librería más cercana – Trama é a nosa -. Non o decimos só nosoutros, o recomendan en Praza, TVG, Radio Galega, El Progreso… dalle ao play ao seguinte vídeo e faraste unha idea de cómo é Long Play:
Comic poesía – e poesía rockandroleira no seu interior |
Antes de Long Play estivo «LP» e «Saltimbanqui» , co que obtivo o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, ou «A corrente salvaxe» que lle valeu a Mención especial no Pedrón de Ouro … non entramos en detalle na súa obra como narrador oral, humorista e comediante, só como el mismo sinala: «…como narrador oral, humorista e comediante teño actuado e fágoo de xeito máis ou menos regular en institutos, feiras do libro, universidades, escolas de idiomas, teatros, museos, pubs, bares, cárceres e demais lugares de marcado carácter cultural…» Fonte: AELG)
MILAGRES
Grazas a él estivemos a piques de vivir un: que D. Darío Xohán Cabana entrase no Clavi, que como dixo o Lois na presentación: «todo isto da presentación do libro en Lugo era unha excusa para que sucederá un milagre: que Darío Xohán Cabana viñera ao Clavi!». Iba presentar o libro de Lois pero a ultimísima hora non puido ser. Quedamos sen vivir e berrar: milagre, milagre, milagre!!!
Nota: non se nos entenda mal, D. Darío non ten nada contra o Clavi, só é que a súa vida social é outra e sería un milagre que viñese … aínda así o Lois case o consigue.
ENLACES
Lois Pérez na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega – AELG –
Lois Pérez – Facebook e Twitter –