700 estudantes lucenses cantarán ao Arde Lvcvs

12 de maio, ás 12.30 horas na Pza de Sta María. Entrada de balde.

Máis de 700 alumnos e alumnas de nove centros educativos lucenses cantarán ao Arde Lvcvs.

A actividade, organizada por músicos da Escola Música Heiko, en colaboración co Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, xurde a raíz da declaración como Festa de Interese Turístico Internacional.

A actuación, terá lugar o vindeiro 12 de maio, ás 12.30 horas na Praza Santa María, nun acto no que participarán alumnos e alumnas do CPR. Franciscanos Lugo, CPR. San José Lugo, CEIP. Aneja, CEIP. Manuel Mallo Mallo, CPR. La Milagrosa Lugo, CEIP. Paradai, Colegio María Auxiliadora-Salesianas Lugo, CEIP. Albeiros e Colegio Fingoy.

O evento, que será de balde, terá unha duración aproximada de unha hora e o repertorio incluirá catro composicións musicais que realzan a presencia de Roma en España, os asentamentos, o impero e o arte e a convivencia multicultural.