NÚRIA GRAHAM AO VIVO – A maxia chega a Lugo.
“A voz musical máis honesta do 2020” (Vogue, 2020)
Concerto e cea: 11 de novembro de 2021.
Espazo Vexetarian, Factoría Caldiae (Códex Cinema), Praza Viana do Castelo, 4; Lugo.
Concerto: 12€ anticipada, 15€ día do concerto
Concerto e cea: 30€ anticipada, 33€ día do concerto.
ENTRADAS:
https://entradium.com/es/events/nuria-graham-ao-vivo-lugo
HORARIOS:
Apertura de portas: 20:30h
Cea: 21h.
Concerto: 22:30h.
Organiza: Tele-Clube Lugo
Colabora: Caldiae.
A compositora irlandesa-catalá, Núria Graham, actúa por primeira vez en Lugo, para facernos chegar a súa maxia folk pop. “A voz musical máis honesta do 2020” (Vogue, 2020) virá acompañada da súa banda, para estrearse nun dos escenarios máis especiais cos que contamos na nosa vila, o Vexetarian.
Unha vez máis, Tele-Clube quere aunar a música, con outras artes e coa gastronomía, como un ingrediente máis dunha combinación suxestiva para facer de ésta, unha experiencia gustosa para todos os sentidos.
A artista Núria Graham publicou o seu álbum debut «First Tracks» en 2015 con tan só 16 anos. En pouco máis de dous anos lanzou «Bird Eyes» + «In The Cave» (EP), e case deseguido o seu segundo longo, «Does It Ring a Bell?» (2017), disco que a posicionou no panorama estatal como unha artista imprescindible para entender o folk-pop caseiro.
Pero durante estes últimos dous anos Núria non descansou. Logo dunha xira que a levou aos escenarios dos festivais e dos recintos máis sobranceiros do país con incursións en Portugal, Berlín, Francia e Londres, Núria Graham publicou «Marjorie» (2020), un álbum requintado en forma e contido que presentou na sala Apolo de Barcelona coas entradas esgotadas.
Un percorrido máxico a través de dez cancións que, ademais de conmover o público e á prensa nacional, acadou a atención da radio británica BBC e de bo número publicacións internacionais. Nese mesmo ano acaparou a atención do grande público, a través da súa participación no documental, “Una vuelta al sol”, adicado á cantante Amaia Romero.
Agora segue o seu camiño adiante publicando «At Last» (2021), un single con duas cancións que actúa de bisagra entre «Marjorie» e unha nova etapa sonora que culminará nun agardadísimo novo álbum.
Unha experiencia que non podes deixar de probar, se estás en Lugo, nesas datas escuras e húmidas de novembro, a maxia de Núria Graham envolverate nun feitizo marabilloso.