CLO PLAS e MALVA en concerto polo Día Internacional dos Museos.
O sábado 18 de Maio, 12:45, no Centro Arqueolóxico de San Roque os fonsagradinos CLO PLAS
O mesmo sábado 18 de Maio, 18:30, na Sala de Exposicións Porta Miña estará a portuguesa MALVA

A entrada será libre ata completar o aforo de ambos espazos. Promove a Asociación Cultural Teleclube-Lugo, coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo

CLO PLAS

Proxecto performativo impulsado pola poeta Xiana Arias (letra e voz) e polo explorador de sons Berio Molina (música, percusión e voz). Trátase, sen dúbida, dunha das propostas máis radicais e excitantes da creación interdisciplinar galega da temporada, apegada segundo eles mesmos subliñan á oralidade
da Fonsagrada. O seu primeiro traballo, tulado Bafi e publicado este mesmo ano ao abeiro da Regueifa Plataforma 2.0, amosa unha liña de esculca que se move entre a xenialidade, o humor e a turbacion lírica.

Dúas voces, dous paus e un rap minimalista con retrousos de vocación popeira de baixa fidelidade. O seu primeiro EP ‘bafi’ foi gravado e producido polo Hevi. Un traballo tenro e radical atravesado pola oralidade, as historias e a memoria da Fonsagrada. Letras nas que habitan vacas e paxaros, montañas e galletas, lembranzas e casas abandonadas. ‘Paxarín pin pin’ foi o exitoso single de adianto deste primeiro EP.

Sábado 18 de Maio, 12:45, no Centro Arqueolóxico de San Roque 

https://cloplas.bandcamp.com/

MALVA 
Carolina Viana, natural de Viana do Castelo e residente no Porto, ten a vontade de expor un traballo musical solista dunha inquedanza antiga, a de querer expresarse en nome propio e ter unha voz. 
 
MALVA é a emancipación de alguén que se dí artista, máis que nunca fixo nada soa. É a emancipación de alguén que a pesar de non ter as ferramentas, as pide emprestadas e grava dentro das catro paredes do seu propio cuarto. É a emancipación dunha dor que foi amor e que flúe, finalmente, num mar de cancións.
 
Cunha duración de 45 minutos, este concerto pretende convidar ao espectador a reflexionar sobre o estado de inquedanza, dúbida, inseguridade e apego, tan común da nosa especie, e que deu orixe a todo o universo do álbum.
 
A dimensión da profundidade e verdade presentes neste concerto e no álbum tenlle conferido a apreciación posiva dun público bastante basto, que vai desde pequenos a maiores que aprecian a música, con influencias da Música Popular Brasileira, Música de Intervención Portuguesa e até mesmo do Jazz.
 
Cun ambiente inmista como escenario, case como unha burbulla, créase un universo propio embala ao ouvinte, sendo este sumerxido nun universo acúsco de reflexión e introspección.
 
 
 

Sábado 18 de Maio, 18:30, na Sala de Exposicións Porta Miña