Concerto da «Orquesta Sinfónica de la Universidad de Oviedo»
Sábado, 29 de marzo de 2025, 20:00 h. –  Círculo das Artes de Lugo – Entrada de balde ata completar aforo

Pedro Ordieres, director

Héctor Corpus, violín

Ana Montoro, viola

Programa:

  • W. A. Mozart: Abertura de Don Giovanni
  • W. A. Mozart: Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra.
  • Federick Delius: Florida Suite
Orquesta Sinfónica de la Universidad de Oviedo

A Orquesta de la Universidad de Oviedo fixo o seu debut o 14 de febreiro de 1979, baixo a batuta do seu fundador Alfonso Ordieres, quen fora concertino da Orquesta Sinfónica de Asturias. 

Grazas ao impulso persoal do entón reitor, D. Teodoro López Cuesta, a Universidade de Oviedo converteuse na primeira universidade de España en contar cunha orquestra propia.

Durante a súa primeira etapa, que abarcou case unha década, a orquestra ofreceu numerosos concertos e participou en diversos cursos e festivais por toda a xeografía española. Entre as súas actuacións máis memorables encóntrase o concerto ofrecido para os Reis de España durante a constitución da Fundación Princesa de Asturias en 1980, así como as gravacións realizadas para TVE.

Tras un longo período de inactividade, a orquestra rexurdiu no curso 2017/18 grazas á iniciativa do novo equipo reitoral da Universidade, baixo a dirección de Pedro Ordieres. 

O seu primeiro concerto nesta nova etapa tivo lugar en outubro de 2017 en Vegadeo, como parte dos actos de clausura do Foro de Comunicación e Escola. 

Dende entón, a orquestra ofreceu máis de 100 concertos, destacando actuacións como os concertos de Nadal na Catedral de Oviedo, o concerto de clausura da Feira de Mostras de Asturias en 2018, a súa participación no Festival de Música Española de León e o concerto xunto ao coro da Fundación Princesa de Asturias durante a semana dos premios en 2019.

Ademais, a orquestra tivo a honra de participar nos Premios Princesa de Asturias de 2020, actuando ante a Súa Maxestade o Rei e os premiados. A súa presenza en eventos como a Noite Branca de Oviedo e o festival CIMCO de Oviedo reforza a súa importancia na vida cultural da rexión.

A Orquesta de la Universidad de Oviedo, ao igual que o seu coro, forma parte das actividades do Vicerreitorado de Extensión Universitaria e Proxección Internacional. 

Nesta nova etapa, creceu ata converterse nunha orquestra sinfónica con máis de 100 membros.

Pedro Ordieres

Dende 2017, Pedro Ordieres é o director titular da Orquestra da Universidade de Oviedo, coa que realizou máis de cincuenta concertos por toda a xeografía española.

Pedro Ordieres naceu en Oviedo e comezou os seus estudos musicais á idade de seis anos co seu pai, Alfonso Ordieres. En 1998, aos 19 anos, obtivo o título de Profesor Superior de Violín coas máis altas cualificacións. Ese mesmo ano, trasladouse a Londres, onde foi admitido no prestixioso Royal College of Music como bolseiro («Scholar»). Alí, completou catro anos de estudos de violín baixo a tutela de Itzhak Rashkovsky e de dirección de orquestra con Neil Thompson.

Como solista e integrante de diversos grupos de cámara, Pedro Ordieres ofreceu concertos en numerosas cidades de España e Inglaterra, participando en festivais de música de cámara tan prestixiosos como os de Cuenca e Torroella de Montgrí. Realizou numerosos recitais en dúo co pianista Francisco Damián Hernández Díez, foi primeiro violín do galardoado en dúas ocasións cuarteto ASTUR.

Como músico de orquestra, actuou como concertino en diversas agrupacións, entre elas a Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias (OSPA), a Orquesta Sinfónica de Gijón (OSGI) e a Orquesta de Avilés Sabugo.

Na súa faceta como docente, impartiu clases no Conservatorio Superior de Música de Asturias (CONSMUPA). Tamén foi invitado a colaborar con varias orquestras xoves, como na Joven Orquesta del Principado de Asturias (JOSPA), a Orquesta de la Universidad Menéndez Pelayo de Santander, e a Orquesta del Reino de Aragón (ORA). Ademais, dirixiu a Orquestra do Festival de Música Junior de Portugal (FMJ ’18) en concertos en Montalegre e Oporto, así como a Orquesta Ibérica, a Orquesta de Cámara de Siero e a OSPA en formato de orquestra de cámara.

En xuño de 2002, aos 23 anos, obtivo por oposición a praza de violín co-principal na Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias (OSPA), posto que ocupa actualmente.

Héctor Corpus, violín

Estudou na Interlochen Arts Academy de Michigan onde gañou varios concursos e obtivo o Premio ao Xove Artista con Excelencia en Música. Trasladouse a Filadelfia para continuar os seus estudos con Jascha Brodsky na New School of Music.

De 1984 a 1991 formou parte da Concerto Soloists Chamber Orchestra de Filadelfia, tocando frecuentemente como solista. 

En 1984 e 1985 foi concertino da Orquestra Filharmónica de Colorado. 

En 1991, trasladouse a Oviedo onde é segundo violín principal na OSPA, coa que actuou tamén como solista. Foi profesor invitado da Joven Orquesta Nacional de España, a Joven Orquesta del Principado de Asturias, a Joven Orquesta Internacional Ciudad de Oviedo, ou a Fundación Orquesta Sinfónica Juvenil del Ecuador.

Ana Montoro, viola

Nace en Salamanca e alí realiza a súa formación musical nos Conservatorios Profesional e Superior de Música. 

No ano 2011 conclúe o seu posgraduado en violín na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela e dous anos máis tarde finalizará na mesma escola e en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela o Máster de viola en Especialización Orquestral.

Na actualidade é viola na Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias. Actuou como solista coa Orquesta Barroca de la Academia de Música Antigua de la Universidad de Salamanca e coa Real Filharmonía de Galicia. Participou tamén na NJO Summer Academy en Holanda, formando parte da NJO String Orchestra con instrumentos orixinais.

Sociedad Filarmónica de Lugo

Rúa Nova, 19 – 1ªP – local 3

27001 Lugo

Telf: 982 230 805

www.filarmonicadelugo.com

Mail to: filarmonicadelugo@gmail.com