Los Deltonos, The Bo Derek's, Magical Colors, Félix Slim, CoolFlanders, picadiscos, expo de foto e moito máis no Desencontro Inimigo

Outubro 2019 Chega por primeira vez a Lugo o «Desencontro Inimigo«, xuntanza que xorde en 2001 para homenaxear a Los Enemigos e traerá a cidade concertos, sesións de djs, un partido de fútbol sala, Raspas contra Porrones, unha visita cultural, xuntanzas gastronómicas e a Jam Session Inimiga, unha oportunidade única para moi fans de interpretar os temas máis celebrados da longa traxectoria de Los Enemigos.

Co concerto de Radio Zapa! no Ho! Gruf, na mañá do sábado 26 de outubro, deuse a coñecer o programa do XIX Desencontro Inimigo que terá lugar en Lugo entre os días 5 e 8 de decembro:

O son psicodélico dos vilalbeses Magical Colors abrirá o xoves, día 5, o programa de concertos cunha actuación no Diablo Bar.

Os aclamados Los Deltonos e máis os galegos The Bo Derek’s serán os protagonistas dos concertos na Sala Tebras, o venres 6 de decembro. 

LOS DELTONOS

Los Deltonos, desde o seu debut en 1990 con «Tres hombres enfermos», souberon labrarse un nome propio a base de cancións con gancho e
calidade desbordante, disco tras disco, movéndose entre o blues, o rock e a americana. A banda cántabra formada por Hendrik Röver (guitarra e voz), Javier Arias (Batería), PabloZeta (Baixo) e Fernando Macaya (guitarra e coros), traen consigo o seu novo disco «Fuego», rock ben soldado,
aliaxes perfectas de funk e blues, e letras poderosas.

THE BO DEREK’S

The Bo Derek’s, defínense como os sex symbols do rock’n’roll desde as Rías Baixas, e son o resultado de xuntar a Oscar Avendaño (Siniestro Total, Los Profesionales, Reposado) á voz e á guitarra, cos Irmáns Martín, Jorge Lorre e Rufus el Guarro (Los Wavy Gravies, The Allnight Workers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Dead Wood…), baixo e batería  respectivamente, para dar saída á súa vertente máis pub-rockera: rock’n’roll para divertirse, beber e bailar.

O programa de concertos continúa o sábado 7 de decembro no Club Clavicémbalo coas actuacións do bluesman Félix Slim e do soul altamente inflamable dos CoolFlanders, desde Monforte.