O grupo de música folk lucense Candorka Trío ofrecerá o seu primeiro concerto despois desta corentena, o próximo xoves, día 18 en A Ponte dos Concertos, unha sala de directos online vía streaming e de pago.
O grupo, formado por Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich e Miguel Anxo López, constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a «música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo».
O seu primeiro traballo foi Fonsagrada, «froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica».
Candorka Trío son un dos tres finalistas (xunto a Caldo e Susana Seivane) dos VII Premios Martín Códax da Música deste ano, na categoría de música folk.
DATA: 18 de xuño ás 20:30h
PREZO: 8 euros
TICKETS: https://apontestudio.com/tickets-candorka/