Concertos acústicos de Manu Chao na sala Tebras o domingo 13 e o martes 15 de marzo

Dende o festival Reperkusión de 2014 non pisaba Manu Chao os escenarios galegos. O artista retorna en marzo a Galicia para ofrecer dous concertos en Lugo na sala Tebras o domingo 13 – SOLD OUT – e o MARTES 15/03. Os dous darán comezo ás 21 horas. A apertura de portas realizarase unha hora antes.

‘El Chapulín solo’, o apelativo baixo o que se presenta Manu Chao, sube nestes concertos ao escenario coa su guitarra en formato acústico acompañado de Lucky Luciano (guitarra) e Miguel Rumbao (percusión).

No seu repertorio, temas novos e temas de sempre. Músicas híbridas, froito do seu encontro entre culturas e tradicións populares.

Nas súas propias palabras: “Canciones de rompe y rasca, rolas musicarias, mundos al revés, ‘ekivokadas’ vidas, vecinas del patio y despedidas clandestinas. Calles y más calles. Bodas y banquetes, entierros y malas vidas”. Sen perder nunca de vista os seus tres puntais fundamentais: alegría, loita e compromiso.

ENTRADAS DOMINGO – SOLD OUT – 

ENTRADAS MARTES 15/03