Concertos de Fillas de Cassandra, La Perra Blanco e Club del Río no San Froilán 2024

O 4 de outubro, a praza Horta do Seminario acollerá a Fillas de Cassandra ás 22:00, mentres que La Perra Blanco estará na praza de Santa María a partir das 23:00. 

Club del Río únese ao cartel do San Froilán cun concerto na praza de Santa María o luns 7 de outubro ás 21 horas

Fillas de Cassandra
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou as primeiras confirmacións do programa do San Froilán 2024:
 
Fillas de Cassandra (Horta do Seminario, 22h e La Perra Blanco (Santa María, 23h) como «os primeiros anuncios para a noite inaugural da gran festa do outono galego» e a banda madrileña Club del Río o luns 7 de outubro ás 21h na praza de Santa María, continuando «cunha proposta de concertos de artistas coñecidos e emerxentes con diversos estilos e xéneros musicais para que todas as persoas de Lugo e as que se acheguen poidan desfrutar de actividades do seu gusto», segundo explicou Ferreiro.
Fillas de Cassandra, venres 4 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario

María Soa (voz, percursión e piano) e Sara Faro (voz e percusión)  conforman o dúo Fillas de Cassandra.

A súa é unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas na no canto de tradición oral, pero tamén influenciadas polo pop, a electrónica e a música clásica.

O espectáculo que propoñen bebe do teatro, convidando ao público a ser parte dunha viaxe ao longo da historia, da man dos nomes das heroínas que rescatan da mitoloxía clásica e cos que pretenden estabelecer un diálogo, recoñecendo as súas vivencias presentes como mulleres nas das súas devanceiras.  

Sempre desde unha ollada feminista e actual, as súas composicións transitan da emotividade ao desenfado vibrante sen esquecer o activismo, logrando conectar cun público interxeneracional.

O piano e as diferentes percusións son apoiadas por bases electrónicas que, a pesar da súa potente sonoridade, capaz de instalar atmosferas de por si soas, non eclipsan nin as súas letras nin as súas voces, sempre nun primeiro plano grazas ás súas armonias vocais moi coidadas.

2023: Premio aRi[t]mar á Mellor Música do Ano en Galiza en 2022.

La Perra Blanco, venres 4 de outubro ás 23:00 na praza de Santa María.

La Perra Blanco coñecida como a nova Raiña do Rockabilly (Así a menciona a revista británica «Rock’n’roll U.K Magazine») está revolucionando o rock’n’roll musical no estado e Europa.

Alba Blanco, está a romper as reglas dun mundo de homes, tocando a súa guitarra e cantando cunha ira e enerxía similar á Bomba de Hiroshima, salta e baixa polo escenario respaldada polo contrabaixista máis salvaxe (Guillermo Gonzalez del Campo), un gran baterista (Jesús López Benitez) e o teclista Gerard Vercher que faran bailar ao público ata caer ao chan.

Esta banda, é a banda de rock’n’roll máis demandada do momento no estado, levando a música de raíz coma o rock’n’roll, blues, country a un escenario actual, tocando para todo tipo de público; La Perra Blanco non ten límites e están adquirindo cada vez máis fama, mentres achegan a música de raíz ás xeracións máis novas.

Club del Río,  luns 7 de outubro ás 21 horas
 
Club del río presentará en Lugo nesta ocasión o seu novo álbum “Todo alrededor” publicado no 2024.
 
Celebrando á par os seus 10 anos de vida, o conxunto madrileño acompañará a presentación coas cancións que marcaron a súa carreira para festexar así todos estes años de dichas e penurias.
 
Logo do seu penúltimo traballo “Lejos contigo”(2021) que afondaba nas complexidades das relacións humanas cun son interno e reflexivo, o novo álbum eleva o temperamento e expón con vitalismo unha necesidade de prosperar.
 
Club del río son Esteban de Bergia (voz e guitarra) Álvaro Ayuso (voz, teclas e guitarra) Juan Serra (Voz, batería e percusións), Adriano Pezzi (guitarra), Joshua Taylor (baixo) e Juan Feo (percusión e batería), seis amigos da infancia que comparten paixón pola música e a vida manexando unha gran variedade de instrumentos e alzando unha voz poderosa de expresión incontrolable.
 
Debutaron con Monzón (El Volcán Música, 2014), un traballo producido por Juan de Dios Martín onde contaron coa colaboración de Xoel López, El Canijo de Jerez ou Soleá Morente. Con Monzón demostraron que na escena do estado español de cando en vez xorden propostas propostas verdadeiramente diferentes.