Zahara presentará o seu espectáculo “La puta rave”

A 25 de setembro os concertos do San Froilán 2022 son: ACTUALIZACIÓN: VER PROGRAMA COMPLETO DO SAN FROILÁN

MARTES 04/10 – 21:00 – Pza de Santa María. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre + Margarida Mariño + Cántigas e frores. 
MARTES 04/10 – 22:00 – Pza Horta do Seminario. SEUN KUTI & EGYPT 80. Love and revolution tour. 

Seun Kuti é o fillo menor do pioneiro do Afrobeat Fela Kuti. Pasou a maior parte da súa vida preservando e extendendo o legado político e musical do seu pai como o líder da súa antiga banda Egypt 80. 

Seun realizou xiras por todo o mundo e tocou con grandes concertos en Detroit, New York, Los Ángeles, Chicago, Philadelphia, París, London e Tokyo.

A actuación do San Froilán será o único concerto en Galiza, e o primeiro da súa xira de 3 concertos polo estado español.

MARTES 04/10 – 23:00 – Pza de Santa María. Dani Nel.lo & Barcelona Big Blues Band. 

A Barcelona Big Blues Band, baixo a dirección do contrabaixo Ivan Kovacevic, conxuga un grupo de bos músicos que crean un son enérxico, salvaxe e sofisticado aun tempo.

Grazas aos seus arranxos, Kovacevic aplícalle á Big Band toda a súa experiencia e criterio que foi adquirindo en pequenos combos. O resultado, que poderemos desfrutar en Lugo, é un torrente sonoro na tradición de bandas como as de T-Bone Walker ou Johnny Otis.

Dani Nel.lo é saxofonista, compositor e produtor discográfico. Emprende a súa su carreira xa no 1985, con 17 anos, como saxofonista do grupo barcelonés de rock’n’roll Los Rebeldes. Figura carismática da formación, graba coa banda oito discos ata 1997. A finais dos 90 presenta a súa propia banda baixo o nome de Nel.lo y la banda del zoco. Tras esta experiencia o saxofonista sumérxese no universo do jazz coa creación do grupo Tandoori Le Noir, banda instrumental de Rhythm and blues formada polas figuras máis destacadas do blues en Barcelona. O son particular do seu saxo e o seu magnetismo interpretativo condúceno a colaborar con diversas figuras do ámbito nacional e internacional como Los Lobos, Lee Rocker, Raimundo Amador, Mike Sanchez, Barrence Withfield, Ariel Rot, Jackson Browne, Bunbury…etc. 

MERCORES 05/10 – 21:00 – Pza de Santa María. TROVEROS DE ASIETA

Troveros de Asieta nace na illa de La Palma (Islas Canarias).  O espectáculo que ofrecerán en Lugo conta con temas propios e versións interpretadas co inconfundible estilo do grupo, no que o “son cubano” é o ritmo central do espectáculo, se ben tamén teñen cabida outros xéneros coma o “chachachá”, a “guaracha” oo o “guaguancó”, así como exquisitos instrumentais.

MERCORES 05/10 – 22:00 – Pza Horta do Seminario. ZAHARA.

Zahara achegarase a Lugo para presentar o seu espectáculo “La puta rave”. Logo de interpretar o seu último disco PUTA durante todo o 2021 e o inicio do 2022, Zahara presenta un novo show completamente electrónico. 

O corazón da proposta está no tecno, onde as cancións de Zahara mestúranse nunha aposta radical polas máquinas. 

Zahara estará acompañada por Martí Perarnau IV, Manuel Cabezalí e as bailarinas Olga Suárez e Paulina Coelho cunha posta en escena inspirada nas raves londinenses e berlinesas.

XOVES 06/10 – 21:00 – Pza Santa María. ANA BACALHAU

Cantante portuguesa famosa por ser a voz do exitoso grupo de fado «Deolinda». Presenta o seu primeiro álbum en solitario. «Nome Próprio».

XOVES 06/10 – 23:00 – Pza Santa María. YĪN YĪN

Esta banda ven desde Maastricht disposta a facernos vibrar coa súa proposta que se constrúe utilizando a música do sudeste asiático dos anos 60 e 70 como inspiración principal, misturada cos seus antecedentes e intereses musicales individuais e dando como resultado un notable conxunto de cancións que misturan world music, disco, funk e electrónica.

VENRES 07/10 – 17:00 – Pza da Mosqueira. ESPAZO HIP HOP.
VENRES 07/10 – 21:00 – Pza Santa María. ANDREA MOTIS.

A trompetista, saxofonista e intérprete é a primeira artista catalá que grava un álbum coa discográfica americana Impulse!, o mesmo sello para o que gravaron John Coltrane e Charles Mingus, entre outros, con composicións propias e versións en catalán, inglés e portugués.

Chega a Lugo a presentar o seu novo proxecto, Loopholes, onde se aventuran os dominios do funk, neo soul, hip ho pe incluso achégase á cumbia colombiana coa súa persoal versión de El Pescador.

VENRES 07/10 – 22:00 – Pza Horta do Seminario. MUCHACHITO BOMBO INFIERNO

A agrupación catalana Muchachito Bombo Infierno, liderada por Jairo Perera chega a Lugo, cunha formación ao estilo Marching Band. Un show enérxico onde o repertorio de Muchachito Bombo Infierno mostra novos arranxos cunha potente selección de metais, percusión e coa guitarra de Muchachito.

VENRES 07/10 – 23:00 – Pza Santa María. DAKIDARRÍA.

Banda referencia da música contestataria galega. Con ampliación de formación retoman a estrada neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos con COLAXE TOUR.

SÁBADO 08/10 – 18:00 – Pza. da Mosqueira. SANFROIDANCE.
SÁBADO 08/10 – 21:00 – Pza. Santa María. ANNI B SWEET Y LOS ESTANQUES 

Los Estanques son unha banda de pop psicodélico Anni B. Sweet é unha das artistas máis destacadas da música independente española e veñen a presentar o seu primeiro álbum conxunto “Burbuja cómoda y elefante inesperado” 

SÁBADO 08/10 – 22:00 – Pza Horta do Seminario. DVICIO.

Un dos fenómenos máis importantes da música en castelán nos últimos tempos.

SÁBADO 08/10 – 23:00 – Pza Santa María. JOE CREPÚSCULO.

As cancións de Joe son pílulas para a alma e os pes. A electrónica que elaborou xunto a Aaron Rux é un agasallo para a historia cultural do século XXI: antropoloxía dance. Este dúo musical despregará un catálogo irrefutable de xoias para a pista de baile na que convertirán á Praza de Santa María. Unha amalgama exquisita para o ouvído, o corpo e a celebración colectiva.

DOMINGO 09/10 – 21:00 – Pza Santa María. SonDeSeu.

Grande referente da música galega tanto no país coma noutros puntos da península e do continente europeo.

DOMINGO 09/10 – 22:00 – Pza Horta do Seminario. AMPARANOIA. Xira 25º Aniversario. 

Logo de numerosas xiras por todo o mundo, AMPARANOIA segue a recibir recoñecemento internacional, posicionando os seus álbumes e singles entre os mellores, obtendo premios e certificando que Amparo Sánchez é a indiscutible pioneira da mestizaxe de finais dos 90.

Ao longo do 2022 Amparanoia está de xira, cunha banda maioritariamente feminina, un directo arrollador e unha sucesión de grandes éxitos para festexar o seu 25º aniversario.

LUNS 10/10 – 21:00 – Pza Santa María. Xoan Curiel.

Xoan Curiel, natural da Fonsagrada, é un artista que destaca pola súa creatividade e prolífica obra dentro do panorama musical galego. Ven a Lugo a presentar Treides Comigo!, un traballo de madurez creado a partir de cantigas medievais de trobadores galegos.

MARTES 11/10 – 21:00 – Pza Santa María. ROCÍO MÁRQUEZ & BRONQUIO

Encumbrada pola prensa como “la voz de la nueva generación del cante jondo”, Rocío Márquez (Huelva, 1985) leva máis dunha década labrando unha sólida carreira artística que hoxe desborda o panorama flamenco, onde xa é un claro referente e figura consolidada.  

Tercer Cielo é o novo proxecto discográfico da cantaora flamenca Rocío Márquez e o produtor de música urbán e electrónica Bronquio para seguir ensanchando o flamenco do século XXI.

MARTES 11/10 – 22:00 – Pza Horta do Seminario. Ariel Rot e Kiko Veneno «Un país para escucharlo».

Ariel Rot e Kiko Veleno aliáronse nun singular desafío: levar o espírito dese programa aos escenarios, coa mesma vocación plural, exploradora, que tende pontes entre xéneros e xeracións para crear sintonías entre os músicos e descubrir novos talentos ao público.

Soarán, por suposto, versións dos grandes clásicos dos dous protagonistas, pero tamén haberá espazo para os grupos e artistas emerxentes locais, que se integrarán no espectáculo, convidados sorpresa e tempo para compartir coas público anécdotas, historias e relatos sobre as vivencias dos músicos.

MARTES 11/10 – 23:00 – Pza Santa María. NO REPLY. 

A súa carta de presentación son os ritmos máis bailables que deixou a música negra na súa mellor época. Dende o swing ate o ska, pasando polo reggae ou o dixieland, a banda basa os seus concertos nunha festa de estilos sazonada de elegancia musical nos que ninguén pode deixar de bailar. Teñen un estilo de música divertido e desenfadado, pero ao mesmo tempo traballado, elegante e acompañado dun espectáculo visual moi coidado.

Este ano 2022, No Reply edita un novo traballo, “El Invierno Más largo”, o seu traballo máis ambicioso composto por catro temas propios e versións de cancións míticas levadas á súa linguaxe de swing e big band. Andres Calamaro, Extremoduro, Platero y Tú, Vetusta Morla, Ivan y Amaro Ferrreiro, Love of Lesbian, Morgan, Fito Páez, Muchachito, Ariel Rot e Quique González son os escollidos pola banda para “esnaquizar” as súas cancións e levalas ao seu mundo de swing salvaxe. Todo isto é que nos van ofrecer no seu concerto en Lugo.

MÉRCORES 12/10 – 21:00 – Pza Santa María. Joan Miquel Oliver.

Guitarrista, cantante e escritor mallorquín. Comezou a sua carreira musical como integrante dos grupos de rock català “Fora des Sembrat” e “La Fosca”.

Posteriormente inaugurou a súa labor de compositor, letrista e guitarrista do grupo de pop mallorquín Antònia Font, banda ínclita e inigualable, desde a que se estableceu como unha das figuras prominentes do panorama da illa e do estado. Antònia Font conseguiu unha cousa impensable e case sen precedentes: que os “forasteiros” escoitaran música cantada en catalá.

Dende a disolución de Antònia Font no 2013, o prolífico creador adicouse ao seu proxecto en solitario; cos seus discos, unha novela, un poemario e obras de teatro, construiu unha carreira persoal sólida.

As cancións de Oliver por Antònia Font xa marcaran un punto de inflexión remarcable na crónica da música en catalá de principios de século, agora afírmase en primerísima persoa.

MÉRCORES 12/10 – 22:00 – Pza Horta do Seminario. Treixadura dentro da xira do 30 aniversario da formación «Camiño Longo»

Treixadura celebra no ano 2022 o seu 30º Aniversario presentando un novo disco, e o mellor xeito de festexalo é con todo o seu público; tódolos miles de seguidores que ao longo destas tres décadas os acompañaron de xeito incondicional. O grupo de gaiteiros que formaron Treixadura no 1990 poden ver, 32 anos despois, como o seu proxecto de música tradicional chegou a converterse nunha auténtica institución na Galiza.

Treixadura ao vivo constitúe un gran espectáculo de luz e son con 16 artistas no escenario compartindo as súas emocións co público, ao que fai partícipe e protagonista do seu espectáculo, resultando un gran coro formado por público e artistas, intercambiando as súas emocións e gozando da forza da nosa música.

San Froilán promovido por Cultura, Turismo e Promoción da Lingua

Viva o San Froilán – As mellores fotografías e ilustracións do San Froilán