Pola nova zona peonil de Quiroga Ballesteros, desde a área de Cultura organizáronse unha serie de concertos na Pza da Soidade.
Os concertos comezaran o venres 25 ás 20:30 con Nebra, un grupo lucense xurdido no ano 2020 que fusiona aspectos vocais da música tradicional galega e do folk con sons propios do rock, metal e efectos de electrónica. As súas letras teñen unha temática centrada nas desigualdades sociais, no feminismo e nos problemas da saúde mental.
O sábado 26 ás 18:30 será o turno de Cine Mudo Animado, espectáculo de cine mudo de animación con música en directo da man do pianista Luís Monsalve, onde as familias poderán desfrutar dunha tarde de cine clásico para todos os públicos.
As actividades rematarán o domingo 27 ás 18:30 con Por Mi Swing, unha agrupación lucense especializada na música swing dos anos 30, 40 e 50. Baixo a etiqueta swing engloban moitos estilos que levan asociados uns bailes sociais moi populares na primeira metade do século XX en case todo o mundo occidental como o Lindy Hop, Claqué, Balboa, Charleston, Collegiate Shag, etc. O repertorio deste grupo engloba grandes obras co swing máis clásico sen descartar novas tendencias como o Neoswing e o Electroswing.
Os concertos serán con cabida limitada e un espazo acotado, para garantir o cumprimento das recomendacións sanitarias vixentes no momento.