Concertos San Froilán 2024 – Maria Rodés

Maria Rodés Canta Copla, martes 08 de outubro ás 21:00 na praza de Santa María.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un novo concerto da edición 2024 do San Froilán a cargo da cantante María Rodés, dentro da xira do 10º aniversario do seu disco «Canta copla» 

En «Canta Copla», adapta ao seu peculiar estilo algunhas das cancións máis famosas do folklore popular do estado español do século xx como a copla e o cuplé como “Tatuaje” (coa participación de Albert Plá), «El día que nací yo», «Tres puñales» ou «Agua que no has de beber» son algunhas das obras ás que María rinde unha homenaxe que foi recibido con grandes eloxios. 

Foi publicado en México no 2017 nunha edición especial incluindo a rancheira «Que te vaya bonito».

A artista presentouno en directo en México e Colombia, entrando alí en contacto con recoñecidas artistas coma Julieta Venegas ou Carla Morrison.

O destacado músico estadounidense David Byrne descubriu este disco e programou unha actuación de María no recoñecido festival Meltdown de Londres no 2015.

Posteriormente, Byrne continuou mostrando o seu apoio e admiración pola artista catalá, invitándoa a abrir a súa actuación en Madrid no 2018, e incluindo tres cancións de María na playlist que publica mensualmente e que seguen miles de ouvintes. Nesta playlist, Maria aparece acompañada de outras tres artistas do estado español como son Rosalía, Estrella Morente e Mala Rodríguez.

Maria Rodés colaborou como cantante nos discos e actuaciones en directo de Nacho Vegas, Refree, Anímic, Jorge Drexler, Espaldamaceta, Coque Malla ou José Domingo.

Tamén participou como compositora nas homenaxes Ojos de mil años a Miguel Hernández e Cançons de la veritat oculta a Pere Calders.