VERTER GZ son festa, bo rollo e humor. Todo isto combinan Fiz e Miguel para crear un espectáculo que non deixa indiferente a ninguén, teñen un enxeño e unha compenetración únicos para darlle un toque divertido a calquera situación. Grazas a isto Verter Gz é un proxecto onde todo é posible, dende planificar funerais a ritmo de perreo ata aprender polaco bailando Polka.
Este dúo nace en Lugo dunha idea hedonista e cunha visión das diferentes temáticas sempre dende a perspectiva do humor, a través de estilos musicais que van dende Ska, Salsa, Cumbia ou Techno, experimentando e mesturando sons electrónicos e urbanos para buscar un estilo novo e fresco.
FILLOAS estará presentando o seu novo disco “súbete ao EVA”. Ven de publicar o sinxelo de adianto “despawn”, un acelerado tema de pop electrónico cheo de estímulos no que reflexiona acerca dos problemas de ansiedade que sufre a súa xeración.
Despawn é un termo que fai referencia nos videoxogos a cando, por un erro de memoria, desaparece unha persoaxe de súpeto da pantalla. Filloas fai un símil de como lle gustaría “desaparecer” por un tempo da realidade para apagar o ruido que supón vivir nos nosos tempos.
O seu novo álbum “súbete ao EVA” verá a luz o 14 febreiro de 2025 no selo ALENDE. Filloas chega cunha proposta musical que fará que non poidas parar de bailar e moverte.
Como adianto, xa puidemos escoitar as cancións “22 minutos” ou “Galicia Remix”, nas que Filloas anticipaba o seu novo son. Música chea de intensos ritmos electrónicos e letras que exploran reflexións xeracionais, tinguidas dunha retranca e identidade que o fan un artista inconfundible.
Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo
https://www.instagram.com/vivalugo/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte