MAR 2018 O ciclo MusicAD, impulsado pola Deputación de Lugo foi todo un éxito, tanto desde o punto de vista de asistencia, cun cheo absolutao en cada un dos 5 concertos desta edición,  como de cumplimento dos obxectivos polos que naceu:  consolidar unha programación musical tradicional de calidade, potenciar e difundir o bo traballo que están desenvolvendo os artistas galegos, e achegar aos veciños de Lugo, concertos e espectáculos de primeiro nivel e de recoñecido prestixio, totalmente gratuítos. 

Máis de 1.000 persoas persoas gozaron, durante o mes de marzo, dos cinco concertos gratuítos celebrados na Capela de Santa María co MusicAD. As instalacións provinciais rexistraron un cheo absoluto para presenciar as actuacións en directo de Xabier Díaz e as Adufeiras, Carmen Penín, Tango en Xan3iro, Os d’Abaixo e Triad con Dónal Lunny.

5 concertos gratuítos

O sábado 3 tivo lugar a primeira actuación do MusicAD a cargo de Xabier Díaz e as Adufeiras presentaron Noró, algunhas músicas do Norte. O xoves 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, a galega Carmen Penín amosou o seu espectáculo Herdeiras. O sábado 10 de marzo foi a quenda do grupo Tango en Xan3iro, formado por Marisa Dapereira, Patricia Coucheiro, Xosé Ramón Saborido e Bruno Villamor. Xa o sábado 17, actuou a banda de folk Os d´Abaixo, formada entre outros, por 2 referentes musicais de Galicia, como Berrogüetto e Fía na Roca. Finalmente, o sábado 24 de marzo, o grupo irlandés Triad, poñen fin a esta nova edición do MusicAD, que pecha cun éxito rotundo de asistencia.

 

Foto: Gabinete Comunicación Deputación de Lugo