Grandes intérpretes de música "clásica" nacional e internacional reuniranse no Festival de Música Cidade de Lugo - XLIX Semana da Música do Corpus. Do sábado 21 de maio ao 8 de xuño, a cidade acolle o festival máis lonxevo de Galiza e un dos festivais de música máis antigos e recoñecidos do país.
Comeza o Festival de Música Cidade de Lugo – XLIX Semana da Música do Corpus este sábado 21 de maio co concerto de Fahmi Alqhai xunto a Accademia del Piacere, co programa Les violes du ciel et de l’enfer.
Fahmi Alqhai é hoxe considerado un dos máis importantes intérpretes de viola da gamba do mundo, e un dos maiores renovadores da interpretación da música antiga, grazas á súa concepción arriscada, persoal e comunicativa do achegamento aos repertorios históricos.
A valentía dos seus innovadores proxectos e a forte personalidade artística do seu director, Fahmi Alqhai , fixeron de Accademia del Piacere o grupo de vangarda da música antiga española e un dos punteiros en Europa, grazas á súa concepción da música histórica como algo vivo, cheo de emocións que os seus músicos interiorizan como propias e transmiten ao espectador.
PROGRAMA Festival de Música Cidade de Lugo – XLIX Semana da Música do Corpus
Corenta e nove anos de historia avalan o decano dos festivais de música clásica de Galicia, tradicionalmente coñecida como Semana de Música do Corpus, que reúne anualmente a algunhas das grandes figuras do panorama musical nacional e internacional en Lugo.
Concertos gratuitos:
Todos os concertos celebraranse no Círculo das Artes de Lugo agás o do violinista Jorge Jiménez que terá lugar no Conservatorio Xoan Montes. Serán con entrada de balde ata completar a cabida. O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo coa colaboración da Sociedade Filharmónica de Lugo.
21 de maio – Círculo das Artes – 20:30h
Accademia del Piacere
Fahmi Alqhai
Les violes du ciel et de l’enfer
25 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
Trío Castelao
Sons de xuvente
26 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
Sofya Melikyan, piano
Soños, xogos, fantasía…
28 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
Lucie Horsch, frauta de pico
Orquestra Barroca Vigo 430
Sophie de Bardonnèche, dirección
Concertos para frauta de Bach, Vivaldi e Sammartini
29 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
Ezgi Alhuda, soprano
Ensemble da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)
Massimo Spadano, dirección
Lieder e cancións de cámara. R. Strauss e G.Verdi
31 de maio – Conservatorio Prof. Música Xoán Montes – 20:00 h
Jorge Jiménez, violín
Rethinking Bach. As Variacións Goldberg transcritas para violín solo
2 de xuño – Círculo das Artes – 20:30 h
Patagonia Express Trío
Piazzolla: Ruta 100
4 de xuño – Círculo das Artes – 20:30 h
MUSIca ALcheMIca
Lina Tur Bonet, violín e dirección
A Beleza / Biber 1681
8 de xuño – Círculo das Artes – 20:30 h
Carlos Mena, contratenor
Concerto 1700
Daniel Pinteño, violín e dirección
Bello Pastor: Cantadas para castrado na Capela Real