A californiana Emily Jane White deixou pegada co seu estilo e a súa clase no Vello Cárcere de Lugo o pasado O sábado 22 de febreiro dentro do ciclo “Liberdades Sonoras”.
Máis de 20 anos de carreira nótanse no escenario. A súa sobriedade deixa paso únicamente á música, o verdadeiramente importante.
Presentou o seu novo traballo, “Immanent Fire” (Talitres, novembro 2019), un sexto album de estudo con cancións que lembran ao Nick Cave dos tempos de “Murder Ballads”.
O sábado 07/03 é o turno de Lea Bertucci
O programa “Liberdades Sonoras” propón un ciclo semestral de espectáculos deseñados especificamente para O Vello Cárcere cuxos contidos contrapoñan a función do inmoble nos seus usos pretéritos, achegando hoxe á cidade un valor cultural engadido, unha fonte de desenvolvemento e cohesión social, de exploración e de descubrimento. O concerto, cuxas portas se abrirán ás 20:30, está organizado pola promotora sarriá WORK ON SUNDAY, en colaboración coa lucense CLAP e o Concello de Lugo, e é de entrada libre ata completar capacidade.