Cartel do Concerto de Tomaga no Liberdades Sonoras
O programa do IV ciclo «Liberdades Sonoras», na súa primeira tanda, inclúe os concertos de Tomaga,  Emily Jane White e Lea Bertucci.

Como cada xaneiro desde hai tres anos temos unha cita coa programación (e comezo) dun dos ciclos máis innovadores musicalmente que se poden vivir en Lugo e máis alá das nosas lindes: o LIBERDADES SONORAS.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou esta primeira tanda de concertos, (tendremos máis), que abren fogo nesta cuarta edición, xunto con un dos resoponsables das promotoras WORKONSUNDAY e CLAP, Alejandro Losada. 

Liberdades Sonoras comezará este xoves, 30 de xaneiro co dúo experimental Tomaga, de orixe londiniense, e que é descrito pola Radio3 da BBC como “a mellor banda do Reino Unido”.

O 22 de febreiro, a artista californiana Emily Jane White traerá o seu folk escuro ao que deu un toque persoal e maduro ao longo de máis de dúas décadas de carreira.

A primeira rolda de Liberdades Sonoras rematará o 7 de marzo coa artista disciplinar Lea Bertucci, compositora, intérprete e deseñadora de son cuxo traballo explora as relacións entre os fenómenos acústicos e as súas resonancias biolóxicas.

Tódolos concertos no Vello Cárcere con entrada gratuíta ata completar aforo.