Do 21 ao 26 de setembro, a Semana de Cine Lugo, a máis antiga de Galicia, vai celebrar a súa XVIII edición. Neste artigo atoparás a programación por días e por seccións, ademáis das actividades extraordinarias e información básica sobre a mesma.
«Coma sempre, confeccionamos Cartel (neste caso, un orixinal do artista lucense DIEGO AS), que constitúe a portada do noso XORNAL e LIBRO PROGRAMA, conmemorando os cen anos de Marilyn.
Incorpórase, de novo á Semana a UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, despois duns anos de ausencia.
Celebramos acontecementos que afectan á nosa historia recente, e así, en homenaxe ao médio século da celebración do Bimilenario de LUGO, e os 25 anos do Arde Lucus, programamos “unha de romanos”, e confeccionamos a exposición DO BIMILENARIO AO ARDE LUCUS, LUGO 2026.
Enmarcada nesta perspectiva histórica, a Semana de Lugo vaise irmandar co Festival de Cine de Astorga, tamén cidade bimilenaria, vencelladas ámbalasdúas por orixe, historia, e desde agora tamén polo cine.A irmandade concretarase en actos a celebrar en Lugo, o 22 deste mes de setembro, e en Astorga o próximo 23 de outubro.
En canto a celebracións, poñemos tamén de relevo os 60 ANOS DO VALLE INCLÁN – sesenta anos non son nada – emblemática sociedade cultural lucense, facendo historia de Lugo desde o ano 1966.
En fotografía, renderemos homenaxe a JOSBE. Ese era o nome comercial da empresa que liderou Benito Cancio Rodríguez, un grande en España da distribución de produtos para a fotografia, homenaxe que recibirán os seus fillos
Entregaremos un agasallo ao RESTAURANTE MANUEL MANUEL (Dirixido por Manuel Expósito) por ter sido durante trinta anos apoio da nosa Semana, xa que nel temos celebrado inauguracións e clausuras memorables.
Tres novas placas serán colocadas no PASEO DO CINE DE LUGO, que fan os números 16,17 e 18 destes fitos que marcan desde A Avenida de A Coruña cara ao Auditorio, pazo do Festival:
– A primera delas e a que homenaxea ao FESTIVAL DE CINE DE ASTORGA, desde agora Festival irmán da nosa Semana de Cine, e será descuberta o día do irmandamento, 22 de setembro.
– A segunda, que será descuberta o mércores, 23, por BENEDICTA SÁNCHEZ, a garimosa muller de noso que na madurez entrou cunha forza incrible do cine, á que Rubèn Riós no seu artigo do Xornal da Semana denomina “Anduriña do Corgo”. Intervirá no acto Felipe Labrada Reija, Alcalde do Corgo.
– E a terceira será descuberta o sábado, 26, por CRISTINA CASTAÑO, actriz nacida en Vilalba en 1978, acto ao que asistirá a Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.
Coa edición dun libro de Manuel Curiel, faremos xustiza póstuma ao eterno secundario do cine galego Tomás Ares Pena, XAN DAS BOLAS.
A Semana de Cine infantil celebrarase polas mañás na CASA DO SABER e invitaremos a todos os colexios, especialmente aos que lles quede máis de preto, a asistir gratuitamenbte a estas proxeccións.
Teremos unha proxección especial, en relación con Xénero e sociedade, en colaboración coa Academia Galega de Enfermería e o Colexio provincial de Enfermeria de Lugo que terá lugar no Salón da Deputación o venres, 25, as 20 h., coa proxección da película “En camino a Leo. Cuando termina el miedo, el amor comienza”, (Dirección: Ana Bárcenas Torres. Mexico 2025), que será precedida dunha mesa redonda, da que será moderador Isidoro Rodríguez Pérez, Presidente da Academia de Enfermaría de Galicia, e na que intervirán Mario Alberto Rivas Carro, enfermeiro, psicólogo, Académico correspondente da AEG; Nicolás Vera Arencibia da Asociación de familias de menores e mocidade trans de Galicia, Arelas e Alejandro Tripiana González, Enfermeiro residente de Pediatría no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
E temos as habituais colaboracións con Aspnais para proporcionar cine aos usuarios da entidade, e coa Asociación Concepción Arenal para levar
cine aos centros penitenciarios de Bonxe, Monterroso e Teixeiro. Da asociación C.A. están presentes Antonio Rivera,Victor Fraga e Elvira Fernández, Presidenta. Tamén a Vicepresidenta, Ana Traseira.
8 establecementos lucenses dedicarán os seus escaparates á Semana. Non é competitiva, senón voluntaria participación por parte destas empresas asociadas a Lugo Monumental: El Duendecillo, Óptica de la Torre, Farmacia Castedo, Farmacia La Salud, Hotel Monumento Pazo de Orbán, Farmacia da Cruz, Ajuar Decoración e Rocigarcía
Remato volvendo ao principio, temos o concerto inaugural a cargo da BANDA SONS E SOÑOS, impulsada polos concellos de Rábade, Begonte Outeiro de Rei e Friol, dirixida por Armando Morales, con música de películas; concerto que abrirá Abraham Cupeiro, lucense especial, amigo da Semana de Cine de Lugo.» X. Xiz, organización Semana de Cine
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es