A primeira finde do #MuralleandoSenParar foi todo un éxito. Os grupos de Lugo Patuk Band, Man de Santo, Pingarela, Cavianca, Lacón con Grelos Blues Band, The Old Project, Funkombo, Muddy Doll e Ship of Fools encheron de música a Ronda da Muralla acompañando o paseo da xente. A iniciativa promovida desde Cultura do Concello non só é unha aposta polo tecido cultural local, polo son e pola música de Lugo, tamén mostra o que a peonalización da Ronda da Muralla pode ofertar ás veciñas e veciños de Lugo.
A repor fotográfica ten 3 ollos de pez espectaculares de Iván Mouronte colaborando, desta volta, na súa faceta fotográfica.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte