ABRIL 2018 Dos 397 grupos inscritos nos V Premios Martín Códax da Música, 12 son grupos e artistas lucenses, ademáis de tres festivais (o Esmorga, Pardiñas e o Resu). Estos importantes premios promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo teñen entre os seus obxectivos recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas, revelar novos talentos da escena musical galega e achegar a música e o seu proceso de produción ao público… así que desde Viva Lugo moita sorte a todos os participantes (se fora pola foto gañaban os Musel, non sabemos porqué nos dá 😉 –
Os grupos, artistas, proxectos e festivais musicais lucenses que se reparten entre as distintas categorías (Pop / Indie – Rock – Blues / Funk / Soul – Jazz / Músicas improvisadas – Música tradicional e Folk – Electrónica – Metal …etc) son:
- Airiños da Freba – fb – Música tradicional da provincia de Lugo, inspirada nos cuartetos, quintetos e pequenas orquestiñas que animaban as nosas festas nos anos 40 e 50
- A Veces Ciclón – fb – Unha conexión Lugo-Valencia que móvese entre o slowcore e o pop lento, un sonido que conecta con Codeine, La Jr, Tortoise e Golpes Bajos… – La Fonoteca- Acaban de publicar disco con Acuarela. Non te perdas o vídeo da canción «Devalo» feito polo colectivo PRENOM
- Arrhythmia – fb – Power trío galego de Rock en galego. Veñen de grabar un novo videoclip na pasada Candeloria e hai que estar moi atentos á súa estrea xa que non só teñen cancións fantásticas, o apartado audiovisual, vídeos, fotos, deseño…é brutal (entra no seu face e mira a cabeceira, un pequeno exemplo).
- Berta Franklin – fb – Soul e rock en galego de melodías harmoniosas e cuidada producción acaban de publicar o seu primeiro EP (bandcamp)
- Conducto Coloquio – fb – Banda de blues rock lucense formada en 2013. Acaban de publicar novo EP: Distopía – Bandcamp-
- KADETTGSI – fb – Das cenizas de Pastillas Mamut e membros en activo de Disco Episcopal ou Aníbal Anisakis, fan música electrónica onde dan rienda solta a todo o seu bagaxe e influencias. Acaban de publicar: su bagaje e influencias.acaban de publicar o seu debut «Ciudad termal» – Youtube-
- MAN DE SANTO – fb – Grupo nado en 2016 na cidade de Lugo. Amantes dos ritmos tradicionais xamaiquinos (reggae, ska, rocksteady…) pero tamén se deixan levar polo soul, o jazz e outras músicas que forman parte do seu acervo musical. The Skatalites, Jimmy Cliff, Desmond Dekker, The Specials…son algúns dos referentes que lles inspiran á hora de facer un repertorio onde se combinan os clásicos con revisións de estandards de jazz ben coñecidos e adaptados para convidar ó baile e ó sorriso cómplice.
- MILESIOS – fb– Grupo de música folk que pretende recoller e re-interpretar a música tradicional galega e irlandesa na idea de que foron os galegos de hai miles de anos os que levaron a Irlanda a nosa cultura, que evolucionou de xeito paralelo. Acaban de estrear este videoclip -youtube- da canción «Valse de Ribarteme»
- Musel – fb – a piques de publicar un novo EP «Paseniño» con Acuarela, Musel fan un shoegaze, un slowcore que cando os vimos en concerto fíxonos ver o fondo da alma…aquí e así o contamos: Pechamos os ollos e vimos o fondo da alma no concerto dos Musel no San Froilán
- O Gaiteiro de Santo Xusto ‘O Son da Ulloa’ – fb – Ramiro Villamor ‘O Gaiteiro de Santo Xusto’ (1913-1994) foi un dos músicos e animadores culturais máis importantes da súa época na Comarca da Ulloa. Este proxecto do gaiteiro Bruno Vilamor – neto de Ramiro – recolle a súa vida e obra.
- Rosa Cedrón – fb – Violonchelista, cantante e compositora galega que naceu en Monforte de Lemos, levan anos cunha gran carreira en solitario despois de ser a cantante de Luar na Lubre.
- Tango en Xan3iro – fb – Tres fontes de harmonía conflúen no Berce do Miño: zanfona, clarinete baixo e acordeón con raiolas de gaita. Dan a súa lectura da música tradicional galega
- Zoelas – fb – Zoelas é un grupo musical que nace na Comarca da Ulloa. O xermolo do colectivo sitúase na Asociación Fiadeira, da que forman parte as integrantes de Zoelas. O nome é collido daquela tribu prerromana que habitaba a zona noroeste da península. Un matriarcado cuxos valores serven ao grupo de inspiración para moitas das súas composicións.Misturan as raíces do canto tradicional con melodías doutros estilos musicais e letras propias convivindo con coplas recollidas
- Esmorga Fest – fb – Festival independente de música alternativa que se celebra en Sarria, desde 2015. Han pasado grupos como Triángulo de Amor Bizarro, Nueva Vulcano, Los Bengala, Malandrómeda, Disco Las Palmeras, Za!, Guerrera, Perro ou Belako, con gran éxito de público e crítica.
- Festival de Pardiñas – fb – Organizado pola Asoc C. Xermolos é o festival máis lonxevo de Galicia: no mes de agosto e dende hai 38 anos en Guitiriz, música tradicional con artistas de prestixio de Galicia e de tódolos puntos do mundo con presencia importante de asociacións culturais que loitan porque non se perda a tradición galega.
- Resurrection Fest – fb – O maior festival de hardcore/punk e metal de toda a Península (80.542 asistentes na edición do 2016)
O mércores 9 de maio de 2018, o día da Gala dos Premios Martín Códax da Música, sabremos (e sabrán) os premiados que se elixirán do seguinte xeito:
Na primeira rolda votan coma sempre as/os socias/os de Músicos Ao vivo, e na segunda un xurado seleccionado pola directiva de Músicos ao Vivo escolle os proxectos premiados de entre as/os finalistas. Este xurado estará composto por:
1 xornalista
1 representante de salas
1 representante da industria musical
1 representante da formación musical
3 músicas/os
A composición do xurado será secreta, mesmo para os propios integrantes, e darase a coñecer unha vez rematada a fase de votacións.