Seguindo coa xeira do seu último disco, Los Remedios, Le Parody actuará o Venres 28 de Novembro as 20:30 na Sala Tebras de Codex Cinema na Praza Viana do Castelo, 4, 27297 Lugo. Apertura de portas as 20:00, entrada anticipada 15€, na taquilla 18€.
Con moita ledicia anunciámosvos que o vindeiro venres 28 de novembro todo un referente do flamenco-electrónica estará na nosa cidade LE PARODY, o proxecto musical de Sole Parody, cantante e compositora andaluza que combina nas súas cancións pop escuro, folclores tribais, flamenco e electrónica de baile.
Entre o tecnolóxico e o melodramático, usando sílabas en castelán, estruturas sen retrouso e só instrumentos que caiban nunha maleta de man, conecta con infinitas influencias esvaecidas, dos Andes á India pasando polos desertos do norte de África.
Fai cancións de amor e desamor, de revolucións, corpos, bailes. Cancións que “soan familiares” pero “non se parecen a nada”. A música que conecta os puntos entre Björk e Julieta Venegas. A que cabería no oco que separa unha verbena dunha rave.
Non menos xenuíno que as súas composicións é o seu singular formato de directo: Sole combina o manexo de sampler e pedais, mesturando en vivo as distintas capas de loops que compoñen as súas cancións, coa presenza dunha atípica cantautora folk, valéndose de voz e electrónica para tecer melodías e ambientes que arrastran á audiencia ao baile. Do frío ao lume. De casa ao descoñecido.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte