Nova edición do Nadal Fest
O trapero Soge Culebra, Galiciam Army e Cool Nenas serán os protagoistas da III edición do Nadal Fest, que este ano aposta por formacións cunha impoñente posta en escea.
De feito, Soge Culebra é na actualidade un dos músicos máis representativos da nova fornada da música urbana. Con apenas 24 anos ten máis de 800.000 subscritores en Youtube, 3,6 millóns de oíntes mensuais en Spotify e o seu último tema, en colaboración con Quevedo, sitúao no top 4 de tendencias con máis de 3,5 millóns de visualizacións en 2 meses.
Pola súa parte, Galician Army é xa unha formación completamente consolidada. O dúo galego, con raices en Lugo, estivo en moitos dos grandes festivais e citas musicais do verán e volven a Lugo co seu son único e pegadizo, con toques de house e dance, para reivindicarse como un dos máximos expoñentes da música electrónica actual.
Tras eles, pechará o evento a actuación de Cool Nenas. A expresión “pura enerxía”, é a súa mellor definición segundo os críticos musicais. As súas sesións son unha auténtica festa e para moitos xa son a nova sensación das pistas de baile no noroeste peninsular. Unha proposta fresca e lúdica que vai máis aló do concepto tradicional de djs.
«O obxectivo é acadar que esta cita sexa un refererente durante as vacaciósn académicas do periodo invernal centrándose nun público receptivo ás tendencias urbanas e electrónicas”, informou o responsable da concellería de Xuventude Jorge Bustos
Nadal Fest 2023 – Pza da Soidade de Lugo – 21/12 21:00 horas – Entrada gratuíta.