Decembro 2019 Sete anos na brecha, centos de directos rachadores, dous discos, un Premio Martín Codax á mellor banda galega de metal no 2018 … e a polo terceiro disco que levará por título «I». O dos lucenses Arrhythmia é desas historias de esforzo, sacrificio e bó facer que teñen finais felices, desta volta, a consecución do crowdfunding en Verkami que lles permita grabar ese «I»… máis adiante outros vendrán. Porque a banda formada por Alberto Busto (guitarra e voz), Alejandro Maciñeiras (baixo eléctrico), Álvaro L. Barreiro (batería) e Miguel Duarte: guitarra, o ten todo para ir conseguindo o que se propoñan. Coidan ao máximo o son e a imaxe …e aos seus fans. Boa mostra son as recompensas do Verkami e o clip da canción de adianto.
Destacar a colaboración do deseñador lucense Anxo Vizcaíno na parte gráfica deste novo disco, un deseñador referente para Viva Lugo e que deberíades seguir.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte