O multipremiado Cuarteto Gerhard en concerto en Lugo. Martes 17 de xaneiro 2023 – Círculo das Artes –  20:00 h. Promove: Sociedad Filarmónica de Lugo.

Considerado un dos cuartetos máis destacados da súa xeración a nivel internacional, o Cuarteto Gerhard distínguese pola súa salientable sensibilidade polo son e por un respecto profundo pola música como un dos maiores valores humanos.

Como cuarteto, as súas principais influencias foron en Basilea (Rainer Schmidt), Berlín (Eberhard Feltz) e Hannover (Oliver Wille) onde obtiveron a primeira Matrícula de Honra en música de cámara de toda a historia da Hochschule.

Gañadores de varios premios nacionais e internacionais, o Cuarteto Gerhard participou en importantes escenarios internacionais como a String Quartet Biennale Amsterdam 2020 e Muzenforum a Bloemendaal (Holanda), tempada de música de cámara Stadt-Casino de Basilea (Suíza), o festival de cuartetos de corda de Bordeos e o Festival Radio France Montpellier (Francia), o Mozartfest de Würzburg (Alemaña) entre outros.

Tamén foron invitados a Festivais de verán de prestixio como a Schubertiada de Vilabertran, Festival Pau Casals de El Vendrell, Porta Ferrada, Aix-en Provence e Verbier. A partir da Tempada 18/19 son artistas residentes no Palau da Música de Barcelona e do Auditorio Josep Carreras de Vilaseca.

É destacable o seu compromiso coa música de nova creación, actuando en eventos relevantes como o Ciclo do CNDM de Madrid (España), Nuit de la Création en Aix-en-Provence (Francia) e no Arnold Schoenberg Center de Viena (Austria). 

As súas interpretacións foron retransmitidas por Catalunya Música, RNE (Radio Nacional de España), NDR e SWR (Alemaña), BBC (UK) e France Musique (Francia).

A nivel discográfico cabe destacar o seu álbum Portrait (Seed Music 2016) – premio da crítica ao mellor CD 2016, un lanzamento con obras de Kurtag, Berg e Schumann baixo a discográfica Harmonia Mundi International e un próximo CD con obras de Kurtág e Schubert con Bleu Danube, discográfica e produtora francesa con quen tamén levan a cabo a película/performance Suite Lyrique que estrearon con éxito en Ámsterdan o pasado xaneiro de 2020.

Dos próximos compromisos destacan unha estrea mundial en Kunstfest Weimar e o seu debut en Elbphilharmonie Hamburg.

Programa:

C. Debussy: Cuarteto en sol menor, Op. 10
D. Shostakóvich: Cuarteto nº 5 en si bemol maior, Op. 92 

Organiza: Sociedad Filarmónica de Lugo