O Caudal Fest amplía o seu cartel con 10 novos artistas, dous deles de Lugo, Berta Franklin e Galician Army.
A sete meses da súa celebración hai máis de 10.000 pases adquiridos cada día do festival.
Esteban Girón, representante do Caudal destacou que moitos dos pases se están comprando desde fóra de Galicia, de todo o noroeste español e tamén doutros países, lembrando que na edición do ano pasado foi moi numeroso o público procedente de Francia e Portugal.
Na primeira das xornadas do festival, actuarán Vetusta Morla, como cabezas de cartel; ademais de Dani Fernández, Miss Cafeína e La La Love You. A este cartel súmanse agora Belén Aguilera e Serial Killerz, así como Escuchando Elefantes e Javi Chapela.
Leiva encabezará a xornada do sábado, na que tamén actuarán Sidonie, Ojete Calor, Yeico x Toni, así como as últimas confirmacións: Natalia Lacunza, Veintiuno, Jaguayano e Eva McBel, aos que acompañarán os lucenses Berta Franklin e The Galician Army.
As entradas poden adquirirse en www.caudalfest.es.
A organización confirma que o vindeiro mércores 8 de febreiro se poñerán á venda as entradas diarias, ademais de continuar coa venda dos pases para os dous días.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte