Responsables da organización do Festival de Jazz de Lugo e autoridades presentaron o programa desta XXX edición, unha edición que tiña que ser unha celebración por todo o alto do mellor jazz mundial – XXX anos – e desta volta, pola covid, ábrese a máis estilos musicais e tira sobre todo de artistas locais e veciños (entre os que hai tamén de recoñecido prestixio internacional).
Este ano, sabendo das dificultades e problemas que a organización dun festival internacional coma este tivo que pasar para poder levalo adiante, e tendo en conta que se trata dunha ocasión especial, ao ser o 30 aniversario, desde a área de Cultura quíxose facer unha homenaxe, en forma de concerto, ao Festival de Jazz e a quen loita por facelo posíbel ano tras ano.
O Concerto dos 30 anos, unha homenaxe ao Festival de Jazz de Lugo, traerá de maneira gratuíta a mestura de folk tradicional albanés e jazz de Elina Duni. Para este proxecto, contará co guitarrista Rob Luft, unha das figuras emerxentes do jazz contemporáneo londinense que incorpora estilos africanos, folk celta e texturas minimalistas. Para este concerto contará tamén co multiinstrumentista Fred Thomas, que completará a formación con piano, percusión e banjo.
O concerto terá lugar no Círculo das Artes de Lugo o venres 13 de novembro ás 20:30 h. Debido ás limitacións de aforo, impostas polas autoridades e as normas sanitarias para a prevención da Covid-19, para asistir ao concerto será necesario reservar entrada, no portal entradaslugo.es
O programa completo é o seguinte:
XXX Festival de Jazz de Lugo – Programa
Xoves 5 de novembro
DANIEL GARCÍA TRIO
AIEnRUTa Jazz
20:30 H
Casa do Saber USCEntrada gratuita (reserva previa en cultura.lugo@usc.es)
THE OLD PROJECT
21:30 H
Club Clavicémbalo5.00 €
Venres 6 de novembro
MINTONS JAZZ QUINTET
21:30 H
Club Clavicémbalo5.00 €
Sábado 7 de novembro
SALVADOR SOBRAL
«Alma nuestra»
18:00 H
Círculo das Artes – Escenario 1906 Entrada doble (2 pers.) con mesa: 30€ / Entrada individual en lateral ou palco: 15€
SALVADOR SOBRAL
«Alma nuestra»
20:30 H
Círculo das Artes – Escenario 1906 Entrada doble (2 pers.) con mesa: 30€ / Entrada individual en lateral ou palco: 15€
Domingo 8 de novembro
JAZZ AT MASSEY HALL REVISITED: CHARLIE PARKER TRIBUTE
«The Quintet»: Perico Sambeat, Voro García, Albert Sanz, Toño de Miguel e Stephen Keogh
18:00 H
Círculo das Artes – Escenario 1906Entrada doble (2 pers.) con mesa: 25€ / Entrada individual en lateral ou palco: 12€
JAZZ AT MASSEY HALL REVISITED: CHARLIE PARKER TRIBUTE
«The Quintet»: Perico Sambeat, Voro García, Albert Sanz, Toño de Miguel e Stephen Keogh
20:30 H
Círculo das Artes – Escenario 1906 Entrada doble (2 pers.) con mesa: 25€ / Entrada individual en lateral ou palco: 12€
Luns 9 de novembro
YAMANDÚ COSTA
20:30 H
Círculo das Artes – Escenario 1906 Entrada doble (2 pers.) con mesa: 25€ / Entrada individual en lateral ou palco: 12€
Martes 10 de novembro
JEAN TOUSSAINT QUARTET
20:30 H
Círculo das Artes – Escenario 1906 Entrada doble (2 pers.) con mesa: 25€ / Entrada individual en lateral ou palco: 12€
Mércores 11 de novembro
RAÚL RODRÍGUEZ
La Raíz Eléctrica
20:30 H
Círculo das Artes – Escenario 1906 Entrada doble (2 pers.) con mesa: 25€ / Entrada individual en lateral ou palco: 12€
Xoves 12 de novembro
SCULPTURES IN MUSIC
Paco Charlín, Pablo Castaño, Yago Vázquez, Marcos Pin & Max Gómez
20:30 H
Círculo das Artes – Escenario 1906Entrada doble (2 pers.) con mesa: 25€ / Entrada individual en lateral ou palco: 12€
LUCÍA REY TRÍO
AIEnRUTa Jazz
21:30 H
Club Clavicémbalo 5.00 € ACTUALIZACIÓN: CASA DO SABER 20:30 de balde escribindo a cultura.lugo@usc.es
Venres 13 de novembro
ELINA DUNI & ROB LUFT FT. FRED THOMAS
Concerto conmemorativo organizado polo Concello de Lugo – 30 anos de jazz
20:30 H
Círculo das Artes Entrada gratuita en: https://www.entradaslugo.es
ROBERTO NIEVA QUINTET
AIEnRUTa Jazz
21:30 H
Club Clavicémbalo 5.00 € ACTUALIZACIÓN: CASA DO SABER 20:30 de balde escribindo a cultura.lugo@usc.es
Sábado 14 de novembro
CLARENCE BEKKER BAND
18:00 H
Círculo das Artes – Escenario 1906Entrada doble (2 pers.) con mesa: 25€ / Entrada individual en lateral ou palco: 12€
CLARENCE BEKKER BAND
20:30 H
Círculo das Artes – Escenario 1906Entrada doble (2 pers.) con mesa: 25€ / Entrada individual en lateral ou palco: 12€
Domingo 15 de novembro
MIRYAM LATRECE QUARTET

ENTRADAS
Concertos no Círculo das Artes – Escenario 1906
Venda de entradas na caseta do Festival (Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes) desde o 5 de novembro (horario de venda de 12:00 a 14:00 e de 17:00 ata a hora do concerto)
Entradas:
Con mesa (Dobles para dúas persoas) 30 €/ 25 €
Sen mesa (individual nos laterais ou palcos) 15 €/ 12 €
Para consultas festival@jazzlugo.com
Concerto na Casa do Saber
Entrada gratuíta ata esgotar localidades (reserva previa en cultura.lugo@usc.es)
Concertos no Clavicémbalo:
Venda de entradas na mesma sala