Programa do festival das agrupacións musicais de Lugo «Muralleando 2024»
Máis de 20 concertos terán lugar na praza da Mosqueira entre o 5 de xullo e o 31 de agosto
Foto: Gab. Com. Tenencia Alcaldía

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentaron a quinta edición ciclo de concertos Muralleando, que abrirá a Praza da Mosqueira ás distintas agrupacións musicais de Lugo. En total, 21 agrupacións mostrarán a súa música con concertos gratuítos que terán lugar os venres e sábados, a partir das 20:30, entre o 5 de xullo e o 31 de agosto.

Rubén Arroxo lembrou que «os concertos do Muralleando apareceron xusto despois do confinamento, no ano 2020, co obxectivo de animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local, que vira anulados moitos eventos». Arroxo destacou que a praza da Mosqueira “permite organizar actividades culturais e de ocio respectando a visión da gran concentración de patrimonio que hai nesta zona”, en referencia á propia Mosqueira e ao edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.

O Tenente Alcalde explicou que “catro anos despois xa está consolidado como unha das actividades culturais máis importantes para os meses de verán, converténdose no punto de encontro das agrupacións locais, mantendo a Muralla como protagonista ao celebrarse na Praza da Mosqueira, un dos espazos máis importantes na programación cultural”.

PROGRAMACIÓN MURALLEANDO 2024

XULLO

DÍA 5  BANDA FILARMÓNICA

DÍA 6  CAIVANCA

DÍA 12 MINTON’S JAZZ

DÍA 13  LORA HACE PAM e FOOLANS

DÍA 19  VIRTUA TENNIS

DÍA 20 FRUIT JUZZ

DÍA 26  MAN DE SANTO

DÍA 27  SKARAPOTES

AGOSTO

DÍA 2  DÍA DO HIP-HOP: SUZZU, NP, SOZAT, SHAWN FROST e RODRI

DÍA 3  CONDENSADORES DE FLUZO

DÍA 9  PERGUIZÁN

DÍA 10  VRASICA

DÍA 16  IRIA ESTEVEZ

DÍA 17  MUSTÉLIDOS

DÍA 30 PANOSEDÁN

DÍA 31  JADE 

Cultura e Turismo de Lugo