Programa do "II Encontro Celme de Zanfona" en Lugo. Do 3 ao 5 de xuño, cunha ampla programación de música nas rúas da cidade

Baixo o epígrafe “A esencia da zanfona galega: orixe, sons, textos e contextos, instrumento en movemento”, a segunda edición do encontro “Celme de Zanfona” propón unha programación orientada á formación e á interpretación, incluíndo un amplo repertorio de actuacións nas rúas do casco histórico da cidade para socializar e visibilizar o instrumento.

O coordinador do encontro e director da Colección de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros do Centrad, Luciano Pérez, sinalou que «esta edición céntrase no importante papel que desempeñan as escolas na formación de futuros zanfoñistas e na busca de composicións para ampliar os repertorios para este instrumento».

Do contido destacou «tres clases maxistrais a cargo de Suso Vaamonde, Antón Castro e Óscar Fernández» ou «unha mesa redonda dedicada aos problemas aos que se enfrontan os novos zanfoñistas á hora de buscar compañeiros de formación con outros instrumentos».

A participación nas clases maxistrais, con prazas limitadas a 15 alumnos/as, require inscrición previa a través do enderezo electrónico celmedezanfona@gmail.com.

Presentación do Celme de Zanfona

Da man da Concellería de Cultura de Lugo e da Asociación de Gaiteiros Galegos, Celme de Zanfona inclúe unha ampla programación de rúa baixo o título “Instrumento en movemento”, con actuacións de intérpretes e formacións de referencia como Germán Díaz, Óscar Fernández, Suso Vaamonde, Francisco do Romualdo ou Sobre Rodas (Luis Caruncho e Carlos do Viso) e Monifates, e tamén cun encontro de escolas de zanfona de toda Galiza.

PROGRAMA