Novo ano e coma sempre o Club Clavicémbalo de Lugo facendo cultura en Lugo e por Lugo: programación do mes de xaneiro de 2019

Cartel da Programación do Club Clavicémbalo de Lugo
Xaneiro 2019 – Programación do Clavi 

VENRES  04/01

23:00 CONCERTO: ÁNGEL STANICH
Promotora: Sr. Blas
Unha das referencias de renovación musical máis vigorosas e aclamadas por músicos, medios e público. Insólita personalidade salpicada de imaxes cinéfilas, enxeño surrealista e ironía.

SÁBADO 05/01 

CONCERTO: SKINTIGHT
Grupo lucense. Rock clásico. Temas orixinais, potentes e intensos.

XOVES 10/01

22:30 CONCERTO: JAKE LEAR
Blues. USA
00:00 JAM SESSION de ROCK AND BLUES da Fábrica de Sons.
Entrada libre

VENRES 11/01

23:30 – CONCERTO: MOITO! Indierock

Moito!: Diego González: guitarra solista; Juan Ciego: baixo, coros; Felipe Castro: guitarra, sintetizador, voz principal; Diego Guillín: batería.

Moito! nace a mediados do 2017 froito de anos de sesións e sesións facendo a música doutros en diferentes bandas de covers. A finais do 2017 grava o seu primeiro EP en Estereoarte Estudios baixo os mandos de Luis Antelo (Iván Ferreiro, Amaro, Habitación Vudú, Pablo Novoa, etc.). A finais do 2018 chegan á selección final de bandas no concurso Vodafone Yu Music Talent. Moito! seguirán apostando pola súa música e en marzo do 2019 viaxarán a Cádiz para grava-lo seu segundo disco ás ordes do mítico Paco Loco.

SÁBADO 12/01

23:30 CONCERTO: Lagarto Zulú

Quique Muruais: voz; Mus Mosquera: guitarra; DCF. Miguel Bambi: batería; Rubén Mazón: guitarra; Tino López: baixo.

XOVES 17/01

22:30 – TEATRO – Impro: Lusco e Fusco + The Momento Impro

VENRES 18/01

20:30 e 23:00 CONCERTO: BÁTEGA – Presenta Amordazadas II

Pedro Insua: guitarra e arranxos; Raquel López: texto e voz.

Había unha vez un lugar no que estaba prohibido subir ás árbores ou andar en patinete, levar pasamontañas, defende-los teus dereitos, xogar ao balón ou mesmo opinar sen máis… Bátega convida a unha catarse poética e musical para rirnos un pouco de nós, do mundo, e exorcizar así tanta pantasma.

SÁBADO 19/01

22:30 CONCERTO Xoán Eiriz

Xoán Eiriz: guitarra, voz; Pablo Sanmamed: contrabaixo, laúde; Iago Mouriño: piano.

Presentará o seu último disco Máis sentimentos

Xoán Eiriz, nado na Coruña no 1956, é profesor de Música e cantante en lingua galega. Como tal, publicou once álbums, ademais de ter feito colaboracións noutros. Trinta anos dedicados a cantar na fala de Cunqueiro espallando o idioma galego por medio da linguaxe máis universal, a arte de combinar sons. Fiel aos costumes deste pobo, pon da súa parte para a necesaria normalización lingüística no noso amado país no que a música xoga un papel preponderante. Por iso naceron sucesivamente os seus traballos discográficos Sentimentos, A RTVG e os músicos galegos, Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, Amiga, amada, Na miña fala, Galicia, Eu votei amar, Azul, Amores ei , Lelías e 30 anos e unha canción de amor.

24:00 CONCERTO Malaherba | Folk

Sergio Cobos: acordeón; Xacobe Lamas: violín; Cayetano Amenábar: zanfona. Interpreta músicas do mundo de diferentes estilos e procedencias, dende tangos ata mazurcas, valses, pasodobres, muiñeiras, pezas populares galegas e outras de creación propia, nun intento de recrear un ambiente máxico e evocador.

VENRES 25/01

CONCERTO: Lacón con Grelos Blues Band

Saulo Sause: guitarra; Paul Baker: voz; Ro Muñoz: batería; Gonzo Piña: baixo; Luis Monsalve: teclados.

Tomando como punto de partida a fusión do jazz rock co blues máis psicodélico, os membros desta electrizante banda póñense á vosa disposición.

SÁBADO 26/01

 23:00 FESTIVAL: Axunica 

Festival organizado pola ONG Axunica co obxectivo de recadar fondos de axuda para Nicaragua. 

Presentan: Iria Otero e Maikel Pereiro

Actúan: Voladura, Patuk, Monstruo Son, Amigos do Caldeiro