O ciclo ‘Os 15 sons creativos’, un programa incluído na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, ofrece o venres 27 un concerto de Inmaculada Cárdenas e Juan Antonio Lleó.
Inclúe ‘Oratorio do Caldeiro de Santo Agotiño’, con poemas de Margarita Borja escritos a raíz da catástrofe do Prestige, ‘Páginas Volantes’, do libro de autor de Olga Verme e os poemas de Violeta Barrientos, ‘El Fauno’, para frauta e cinta, e ‘Weyujoi’, baseado no poema do poeta chino Li-Po.
Tendo en conta o labor do Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago (GCMUS) e a música experimental no campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.
Será ás 20.30 horas na Casa do Saber
O convenio Lugo Cultural recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte