Música clásica, soul, jazz, swing xitano e funny jazz compoñen esta programación de actuacións, que son de entrada libre, ata completar cabida. Comezarán todas elas ás 21:00 horas
AGOSTO 2018 O programa de concertos para as cálidas noites de verán no Vello Cárcere que arrincou en xullo, continúa en setembro, no patio central deste centro sociocultural con 3 actuacións ao longo da primeira quincena, todas elas de entrada libre, ata completar cabida, a partir das 21:00 horas.
Os concertos promovidos por Cultura do Concello de Lugo conforman unha aposta distinta, atractiva e máis que interesante ao impuslar un tipo de música menos comercial nun espazo distinto e acolledor, como é o Vello Cárcere.
Iria Estévez presentará este sábado 01 Camiños do fado, xunto a Gonzo Piña á guitarra. Será un espectáculo de fado e cantiga galega. Unha semana máis tarde, o 8 de setembro, será a quenda da coñecida como música negra, unha idea entre o soul e o jazz. Belén Taje poñerá a voz e Maritxinha o baixo eléctrico.
O ciclo pecharao Xavier Mera xunto a David Reguerio o 15 de setembro, que presentarán un repertorio de swing xitano e funny jazz.