31/10/2024 – Círculo de las Artes, Lugo 20:30 apertura de portas – 21:00 Concerto.
Unha alta demanda de tickets, conseguiu que a musa neoiorquina Sophie Auster, colgase a etiqueta de sold out na súa única data en Galicia.
A cantante Sophie Auster regresa a España para presentar o seu último álbum, Milk for ulcers, nunha xira que percorrerá Madrid, Barcelona, Lugo e Castelló do 31 de outubro ao 6 de novembro.
O título do álbum é unha metáfora sobre como facer fronte aos momentos emocionalmente complexos que atravesamos durante a vida e alude a un ano no que Sophie Auster sufriu a perda do seu pai, Paul Auster.
De feito, a última canción do álbum, Blue Team, está dedicada a el. Sophie traballou a tripla velocidade para finalizada: “Estou moi contenta de que el puidese escoitala antes de morrer”, explica.
Organizado polo Grupo Planeta, a cantoutora participou o pasado 21 de outubro nunha homenaxe ao seu pai no Círculo de Belas Artes, en Madrid.
O acto en memoria do autor contou cunha actuación onde a Sophie o recordaba cunha canción adicada a él, en compañía do suave son do piano, mentres se proxectaban imaxes do escritor e a súa familia.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte