O 2020 traenos a quinta edición dun Facela que está a darnos alegría tras alegría en cada confirmación. Desta volta os californianos The Schizophonics e desde Madrid, Terrier. Recordamos que as datas son do 14 ao 17 de maio en Lugo e as entradas están á venda en Wegow.
Banda de rock, punk e garaxe con melodías afiadas, sixtie e moito fuzz desde San Diego (California). Explosivos en directo os seus concertos son unha apisonadora da que non podes escapar, poderoso son e posta en escea única e irrepetible.
Paat Beers e Lety Beers canalizan as influencias de James Brown, Stooges, Jimi Hendrix Experience, The Sonics, Little Richard e MC5 para crear grandísimas cancións como as do último disco «People in the sky».
Banda afincada en Madrid formada por Lili Laduquesa, Enrique Gutiérrez “Don Matías”, David Iñurrieta “Dave Petrone” e María Manolí. Terrier navegan entre o garaxe e o pop con melodías brillantes, base rítmica rotunda e eléctricos xogos de voces chica-chico que se alternan e confunden de forma gloriosa asegurando diversión e non deixar de brincar, unha pequena xoia oculta da música underground deste país.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte