Multipremiados no 2020, no top 3 dos mellores discos do ano na maior parte das listas, nomeado ao Premio Impala ao Disco Europeo do Ano, formando parte do supergrupo 2020 para Disco Grande (Radio3) e máis…o grupo galego Triángulo de Amor Bizarro presentará o mércores 24/03, ás 20.00 horas no auditorio Gustavo Freire, o seu quinto traballo, un álbum homónimo cuxa estrea en Lugo servirá de apertura do Lubicán 2021, un ciclo no marco do que Verto traerá a Lugo o 21 de abril ‘Embora’ e que rematará o 19 de maio cun concerto de Nacho-Faia-Lar no Círculo das Artes, onde ofrecerán ao público unha ollada transgresora e contemporánea sobre o repertorio do músico portugués Zeca Afonso. Todo dentro da fantástica programación do Lugo Cultural

Entradas vía cultura.lugo@usc.es