Programación
Venres, 16 de xullo:
– Escenario Momentos Alhambra no Miradoiro de Santiorxo
Ás 17:30 horas: Auto Sacramental
ÁS 18.30 horas: Dani
– Escenario Deputación de Lugo no Catamarán Ponte do Sil
Ás 18:00 horas: Concerto Sorpresa Alhambra
– Reitoral de Gundivós
Ás 18:00 horas: Showcoocking Alhambra e Patrimonio
– Escenario Fest Galicia nas Bodegas Regina Viarum
Ás 19.00 horas: Apertura da zona gastro
Ás 20:00 horas: Cata a cegas
Ás 21:30 horas: Silvana Estrada
Ás 23:00 horas: Depedro
00:30 horas: Ángel Carmona DJ
Sábado, 17 de xullo:
– Ruta Natureza
Ás 10:00 horas: Ruta Miradoiro Pena do Castelo
– Escenario Deputación de Lugo no Catamarán Ponte do Sil
Ás 12:00 horas: Ángel Carmona e Dani
– Eurostars Pazo de Sober
Ás 13:30 horas: Alberto&García
Ás 15:00 horas: Rapariga DJ e cata inmersiva musical
– Escenario Momentos Alhambra no Miradoiro de Santiorxo
Ás 17:30 horas: Terrier
ÁS 18.30 horas: Ian Kay
– Escenario Fest Galicia nas Bodegas Regina Viarum
Ás 21:30 horas: The Excitements
Ás 23:00 horas: The Gift
Ás 00:30 horas: Bronquio
Domingo, 18 de xullo:
– Chantada
12:30 horas: Sofía Comas
Ás 13:30 horas: Budiño&Novoa
– Vía Romana
Ás 15:00 horas: Concerto Especial de Clausura de Ale e Isaac Pedrouzo DJ e cata marinada Galicia Calidade
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o director do Festival 17º Ribeira Sacra, Carlos Montilla, presentaron este luns na Sala de Xunta do Pazo de San Marcos a quinta edición desta cita musical, cultural e gastronómica, que terá lugar esta fin de semana, entre o venres e o domingo, en diferentes escenarios da zona sur da provincia, como o catamarán da institución provincial polo Canón do Sil.
A Deputación de Lugo colabora co evento cunha achega económica de 18.000€, ademais de poñer a disposición o servizo de catamaráns pola Ribeira Sacra no embarcadoiro de Ponte do Sil, en Monforte de Lemos, celebrándose concertos neste espazo.