8 concertos, que terán lugar do 18 de maio ao 9 de xuño, no Círculo das Artes, na Casa do Saber e no Vello Cárcere

Completa a programación o V Festival Internacional de Órgano, que se celebra do 1 ao 11 de xuño.

Tamén haberá un Tributo a Montes, o 21 e 27 de maio, e música na rúa, o 2 de xuño

A XLVI Semana de Música do Corpus trae unha programación de nivel mundial con concertos como os do Cuarteto Quiroga – o mellor de España- ou o xenial Uri Caine que leva 30 anos sendo un referente na música contemporánea e de vangardia, aos que se suman: Los Afectos Diversos & Oniria, Ensemble 1700 – Dorothee Oberlinger, Dmitry Sinkovsky, Vittorio Ghielmi e Olga Watss; así como Massimo Spadano e Fernando López Pan, Shoach for solo violín & Sacred Temple, Yulia Iglinova, Javier Albarés e Daniel del Pino, así como Accademia del Piacere, con Nuria Rial como soprano. 

Un evento cheo de prestixio e calidade

Se xa de por sí a proposta da Semana de Música do Corpus é excelente,  esta semana de música clásica e barroca, complétase co V Festival Internacional de Órgano Corpus Christie de Lugo, organizado polo Centro Eucarístico Lucense coa colaboración da entidade local e enmarcado dentro do ciclo europeo, cos intérpretes Hans Ole Thers, Johannes Skudilk e Luckas Gothszalk (na trompeta), Jan Vermeire & Guiulio Mercatin; a soprano Lidia Basterretxea con Calude Hauri ao cello e Giulio Mercati en harmonium; e Inge Beck co Coro Solo Voces. 

Ademáis, o 21 e 27 de maio celebrarse un Tributo a Montes, a cargo dos coros locais Cantar Delas e a Coral do Hospital de Lugo na Igrexa A Nova, e tamén haberá música na rúa, a cargo do alumnado do conservatorio e das escolas de música, das 12:00 ás 20:00 horas, o sábado, 2 de xuño.

Todos os concertos son gratuitos. 

Presentación

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Cultura, Pilar García, e o representante da Sociedade Filharmónica de Lugo, José Luis Díaz presentaron o evento.

Durante a presentación, Carmen Basadre manifestou o esforzo que se realiza dende o Concello para garantir a continuidade deste festival de gran presenza recoñecida e de gran participación. Así mesmo, lembrou o caracter internacional do festival de órgano, que se consolidou como referente en Galicia e no ciclo europeo, e que ademais recuperou o patrimonio organístico musical, poñendo en valor a música luguesa.

Pola súa banda, Pilar García remarcou a sensibilidade do Goberno da Deputación con cantas iniciativas musicais e culturais se realizan na provincia, como o Castañazo Rock e o Resurrection Fest, e convidou á cidadanía a asitir a estas xornadas musicais únicas, e totalmente de balde.

Para rematar, José Luis Díaz agradeceulle ao Concello que confíe na Sociedade Filharmónica de Lugo para deseñar e dirixir este ciclo, que este ano rende homenaxe ao Ano Patrimonio Cultural Europeo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Fonte: Gab. Com. Concello