A biblioteca móbil «A Furgoteca» de viaxe pola provincia de Lugo.
É un servizo de biblioteca móbil que presta a Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos que non dispoñen deste equipamento cultural.

A furgoteca presta o seguintes servizos:
- Préstamo de libros, revistas e outros materiais
- Asesoramento e recomendacións de lectura
- Xestión de carnés de usuario/a
- Formación, acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital
- Organización de actividades culturais: obradoiros, clubs de lectura, contacontos, certames e moitas máis
Este mes de setembro está de viaxe pola provincia de Lugo: Baleira, Cevantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.
Achégase a cada concello 2 veces ao mes, con 2 rutas. Os días, horarios e lugares de parada poden consultarse nesta páxina web.






