Conducto Coloquio e Infrarroja no Facela Fest 2021


Xa está todo confirmado no Facela Fest 2021. Xa temos os horarios de cada día e os grupos lucenses abrirán cada xornada: Conducto Coloquio o venres 27 ás 19:30 e Infrarroja o sábado 28 ás 19:30 tamén no exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Desde a primeira edición, o FACELA, caracterízase polo apoio ás bandas locais, ás bandas galegas e ás emerxentes, que xunto con varias «cabezas de cartel» forman unha proposta sempre atractiva e de calidade suprema.

Estamos ante un festival que sempre intenta traer a Lugo o mellor do indie/alternativo ou «o que vai ser o mellor do ano» (caso de Cariño ou Carolina Durante en pasadas edicións). Para as bandas é difícil estar no Facela, a selección é moi dura, polo que para o público é unha aposta segura asistir (entradas desde 16 € en wegow)

FACELA FEST 27/28 agosto – Exterior Auditorio Gustavo Freire de Lugo Cada mediodía un concerto gratuito e pola tarde/ noite 4 concertos para os que hai que sacar entrada. Entradas: Wegow Grupos: Chucho Soleá Morente Mujeres Parquesvr Menta Pelazo From Atomic Infrarroja Conducto Coloquio Tulip

GRUPOS LUCENSES NO FACELA 2021:
INFRARROJA (LUGO)

Banda de indie rock lucense con poderosas cancións ben traballadas e unha proxección máis que prometedora. A voz de Rachel lidera a uns músicos que aportan unha enerxía contaxiosa a cada un dos temas. Con concertos xa no San Froilán, Club Clavicémbalo, O Vello Cárcere, Na Bocanoite… será o seu primeiro – e merecido –  festival.

Son: Rachelle Nim (voz), Robert Wallace (guitarra), Marx Veiga (guitarras y coros), Moreno (Bajo) ,Manu Nuñez (batería) y Adrián Bluz (teclados, sintetizadores)

Infrarroja – fb – 

CONDUCTO COLOQUIO (LUGO)

Un referente da escena lucense tamén estarán no Facela 2021: Conducto Coloquio, banda lucense formada en 2013 que transita entre sonidos de hard rock e blues, con letras comprometidas e directo contundente.

Con formación de quinteto lanza o seu primeiro
disco “Germinal” no 2015, momento a partir do cal a banda pisa máis intensamente os escenarios. En 2018 publican «Distopía».

Componentes:Lea Escudero (bajo) Miguel Bello (voz, guitarra)Víctor (batería) Andrés Haensel (teclados, 2015-presente)Luis «Bedu» Pérez (guitarra) Conducto Coloquio – fb – 

ENTRADAS FACELA FEST 2021 – WEGOW – 

Chucho e Soleá Morente no Facela Fest