Fotografías do Caudal Fest 2023

Unha edición máis do Caudal e máis momentos fixados na retina grazas aos concertos de Vetusta Morla, Leiva, La La Love You ou Sidonie. 

Marc Ros, Sidonie, demostrou a súa capacidade de líder de banda de rock and roll, non só desde o escenario, tamén baixando ao público e cantando «subido ao cabaliño» dalgún fan entusiasmado. A banda funcionou á perfección, coma a de Leiva ou Vetusta Morla, grupos con grandes músicos e experiencia contrastada.

Karaoke Caudal Fest foron os concertos de Levia, Vetusta e La La Love You. O entregado público cantou as cancións do principio ao fin en tres concertos épicos, aínda máis o de Vetusta Morla, baixo a chuvia que caía á beira do Miño.

O espectáculo de La La Love You, guionizado e apoiado nos vídeos proxectados nas pantallas, funciona. As que xa os vimos en outros concertos, case sabemos o que van dicir entre canción en canción, ou cando sube á xente ao escenario, pero da igual que da o mesmo, e pura festa…e é o que querermos.

Con Berto viviuse un deses intres de toleada festivalera máis top: na canción WHO THE F*CK IS IRIBARNE? a xente viuse arriba e non había ninguén parado, todo o mundo bailando e preguntandose e preguntando ao mundo: W H O T H E F * C K I S I R I B A R N E?

Dani Fernández, Miss Cafeina, Natalia Lacunza, Belén Aguilera ou os grupos lucenses: Berta Franklin e Galician Army, completaron o cartaz desta edición.

Unha reportaxe fotográfica de I. Mouronte