Contou co apoio da Vicepresidencia da Deputación.
As propostas da asociación cultural lucense TeleClube Lugo nunca defraudan e son moi necesarias para a cidade xa que contribúen a ter unha programación de vangarda e diferente.
Ademais de ser concertos de balde, abertos a calquera persoa que queira experimentar novas sensacións, as súas localizacións axunda a potencialas, escoitar as músicas de Galgo nos xardíns do Museo, as de Margarida Mariño nos xardíns da Deputación e a performance audiovisual de Verde e Venditti na Capela de Santa María son experiencias inesquecíveis.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte