Outubro 2018 O presente proxecto, “Viva o San Froilán”, que promovemos desde esta redacción co apoio e cofinanciación do Concello de Lugo, ten entre un dos seus obxectivos a difusión de imaxes memorables do San Froilán e á súa vez a promoción dos artistas lucenses que participan. Desta volta: Belén Cordero, Marcos Loopez, Adra Paixón e María Viso son os responsables destas fotos de, entre outros actos do programa: o IX Desfile de Gando San Froilán, o concerto de Hombres G. na Pza Horta do Seminario e imaxes das horas de orballo que por sorte pasaron.