Outubro 2018 Esta redacción ten a fotografía como unha ARTE. Temos por norma fundamental e indiscutible o cuidado máximo das fotos, ademáis de como expresión artística, como medio informativo. Este proxecto, «Viva o San Froilán» ten a catro dos nosos reporteiros/as gráficos todas as festas nas rúas de Lugo. Desta volta: Belén CorderoMarcos Loopez,  Adra Paixón  e María Viso son os responsables destas fotos de, entre outros actos do programa: a sesión vermú a cargo de Vrásica no Campo Castelo, a Verbena galega d’antes na Pza Maior (con Xabier Iglesias, e Airiños da Freba), concerto de La M.O.D.A. na Pza Horta do Seminario ou o espectáculo Piromusical + videomaping, na Pza Maior, diante da Casa do Concello, en honra a San Froilán.